• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Mar

2022

Servizo de préstamo de paraugas do Comercio do Morrazo

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

O Comercio do Morrazo estrea un servizo de préstamo de paraugas para os seus clientes e “E se chove… que chova!”

O Comercio do Morrazo, é consciente, de que as veces, os clientes viven unha experiencia incomoda cando tras facer unha compra comeza a chover e non teñen como evitar mollarse. Por este motivo, e para seguir mimando aos clientes, dende o pasado venres día 11 de marzo, e progresivamente, o Comercio do Morrazo asociado a Fecimo, disporá de paraugas de cor branca, rotulados, para inaugurar o servizo de préstamo de paraugas: “E se chove… que chova!”.

Nunhas datas onde parece que, por fin, a chuvia vai a presentarte como ven sendo típico na Comarca, os Clientes poden estar un pouco máis tranquilos, xa que, se esquecen o paraugas, ou o tempo xira para peor cando están a facer as súas compras, poderán saír do establecemento baixo un paraugas prestado coa única condición de que deben traelo de volta cando escampe.

Este Servizo, que comezou o pasado venres día 11 de marzo, continuará implantándose en máis establecementos a medida que estes o soliciten a Fecimo.

Os establecementos participantes lucirán un distintivo do servizo nas seus escaparates e colocarán a cartelería deseñada por Fecimo co nome da campaña e disporán dun número limitado de paraugas para prestar. Actualmente son case un centenar de comercios, e cada súmanse máis, os que comezarán a ofrecelo, para isto Fecimo pon a disposición do Comercio Local máis de 1.000 paraugas que en breves comezarán a circulación polas rúas de Bueu, Cangas e Moaña.

Con este servizo, organizado por Fecimo, para os establecementos asociados do Comercio do Morrazo, os establecementos participantes seguen poñendo en valor o mimo polos seus clientes e pola veciñanza, expresando dunha forma cariñosa a súa intención de protexelos, como sempre, en momentos complicados na procura de que eses sentimentos sexan mutuos e que logo veñan de volta.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Histórico