• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

20

Xul

2021

Quenes “SOMOS O TEU COMERCIO LOCAL” ? Ponlle cara ao comercio local

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Dende Fecimo poñemos en valor ás empresas, establecementos e negocios dende fai máis de 25 anos, pero si por algo destaca a nosa labor e polo contacto coas persoas. Somos conscientes de que a proximidade dunha asociación e dos seus asociados ao público, as veces, non é de todo visible e por este motivo dende Fecimo creamos unha nova campaña para ceder todo o protagonismo aos nosos asociados e sexan eles mesmos quenes aporten o seu graiño de area presentándose nunha serie de vídeos baixo o lema: “Somos o teu Comercio Local”.

Con esta campaña en redes sociais damos continuidade ao lema xa presentado na campaña do mes de Maio onde Fecimo xa sorteou 3.000€ en tarxetas regalo en Bueu, Cangas e Moaña

Novamente tratase dunha campaña de sensibilización e dinamización comercial pero que esta vez so terá lugar nas redes sociais sen a súa tradicional proxección nos establecementos a través de cartelería ou mupis nas rúas. Varias mensaxes individuais unidas en catro vídeos que comparten un lema común e que durante varias semanas estarán en movemento polas nosas redes sociais para facer unha chamada de atención coa que queremos por rostro e persoa a moitas das actividades e negocios das nosas vilas.

Nesta ocasión realizaremos unha serie de sorteos para premiar a aqueles a aquelas que desexan participar en sinxelos concursos virtuais nas redes e que demostren ser seguidores do comercio local, para isto, a Federación, regalará un total de 30 tarxetas do Comercio do Morrazo entre os participantes. 

Somos o teu comercio local

Comercio do Morrazo (Vídeo 1)

Fai clic para velo en Youtube

Somos o teu comercio local

Comercio do Morrazo (Vídeo 3)

Fai clic para velo en Youtube

Somos o teu comercio local

Comercio do Morrazo (Vídeo 2)

Fai clic para velo en Youtube

Somos o teu comercio local

Comercio do Morrazo (Vídeo 4)

Fai clic para velo en Youtube

Moitas mensaxes con denominador común

Para a realización desta campaña de sensibilización contamos coa colaboración de moitos establecementos nos que cada un dos seus propietarios ou empregados visibilizaron una frase que define quen son e cal é a súa participación na vida dos clientes e das vilas.

O que che vendeu o anel de voda, A que sabe que ao teu can non lle gusta que lle anden nas orellas ou o da óptica que te axuda a poder ler a letra pequena de moitas cousas son a representación de Xoierías,  Veterinarias ou Ópticas entre outros moitos negocios que forman o tecido do comercio local das nosas vilas e, moitas veces, sen que nos percatemos, estas persoas, forman tamén parte das nosas vidas.

O consumo masivo a través dos xigantes das ventas, onde o importante tan só é o produto, sempre anula as persoas, permitindo moitas veces unha falsa sensación de aforro. Esta campaña pon en valor ás persoas, aos veciños, aos que lle dan vida as nosas vilas.

O obxectivo que busca esta parte audiovisual en redes, e que forma parte da campaña que comezou xa no mes de maio, e completala é dinamizar as vendas entre os clientes dixitais do comercio local, atraendo vendas ao comercio local, así como conciencialos da importancia de consumir en local aportándolles beneficios e sensibilizalos co afecto e cercanía do pequeno comercio, o seu comercio de toda a vida.

E TI… “THE QUIZ” VES SENDO ?

É un concurso para poñerlle cara e nome ao noso comercio local. Un sistema de participación baseado en preguntas e respostas “tipo test” no que calquera pode participar dende as redes sociais e onde ao finalizar tivo lugar un sorteo entre aqueles que acertaron a pregunta.

Os 30 gañadores, que foron escollidos de entre os moitos participantes das rondas de preguntas, foron contactados polas mesmas canles do sorteo, e tras completar os seus datos foron contactados por Fecimo para indicarlles onde e como recoller as súas TARXETAS REGALO do COMERCIO DO MORRAZO cargadas con 20 € cada una. Estes 600 euros, como sempre, son para gastar no Comercio Local do Morrazo asociado a Fecimo.

SE AÍNDA NON TES A TÚA TARXETA DE FIDELIZACIÓN… REXÍSTRATE GRATIS

As compras no COMERCIO LOCAL DO MORRAZO acumulan saldo en moitos establecementos.

Cando realizas o pago nun establecemento do CdM, ademais de poder participar cos BOLETOS nos sorteos dunha campaña similar a esta, se tes unha TARXETA DE FIDELIZACIÓN unha porcentaxe da túa compra acumulase no teu moedeiro virtual asociado a túa tarxeta, deste xeito e sen darte conta poderás descontar o acumulado en futuras compras obtendo descontos ou incluso produtos ou servizos de xeito gratuíto.

A TÚA TARXETA DE FIDELIZACIÓN DO COMERCIO DO MORRAZO É GRATIS !!

Fai clic nos enlaces para REXISTRARTE, DESCARGAR A APP ou obter máis información sobre os ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES. 

Histórico
ARTIGOS RECENTES