• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

05

Ago

2022

Nova campaña de Dinamización “EU SON DO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Esta campaña de dinamización, que se levará a cabo durante o mes de agosto, busca incentivar as compras no comercio local do Morrazo dando a oportunidade aos consumidores de obter tarxetas regalo polas compras realizadas durante o período de celebración da promoción.

A campaña estará ligada á utilización da tarxeta de fidelización posta en marcha no 2019.

Deste xeito buscamos potenciar as compras nas localidades do Morrazo e fomentar o uso da tarxeta que tan bos resultados está deixando entre a clientela, lembrándolle aos clientes que canto máis utilicen a tarxeta, máis se fortalece ao comercio local.

Cada compra realizada utilizando a tarxeta de fidelización, suporía unha participación no sorteo final de 500 € en premios, incentivando deste xeito ás persoas consumidoras a realizar o maior número posible de compras e a pasar a súa tarxeta de socio do club de clientes do Morrazo co fin de obter as maiores oportunidades de facerse cun dos premios en formato de tarxeta regalo.

Co fin de dar a coñecer a campaña entre os usuarios do nosos establecementos elaborouse un vídeo que se promoverá en redes sociais animando así aos usuarios a achegarse ao comercio local e probar fortuna.

Para participar nesta campaña non é necesaria a inscrición das empresas, xa que o sorteo se realizará entre os movementos, froito das compras dos clientes durante o mes de agosto, das tarxetas de fidelización dos establecementos adheridos a este sistema.

Histórico