• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

04

Nov

2022

FECIMO SORTEA 600€ NA CAMPAÑA “MORRAZO COMERCIO LOCAL DIXITAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Esta é unha campaña de fomento da dixitalización no comercio local en colaboración coa Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a Cámara de España e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Con esta iniciativa que se levará a cabo do 4 ao 27 de novembro, búscase, unha vez máis, incentivar as compras no comercio local do Morrazo dando a oportunidade aos consumidores de obter premios en tarxetas regalo polas compras realizadas durante o período de celebración da promoción.

A campaña estará ligada á utilización da tarxeta de fidelización.

A finalidade desta campaña é potenciar as compras nas localidades do Morrazo e fomentar o uso da tarxeta que tan bos resultados está deixando entre a clientela, lembrándolle aos clientes que canto máis utilicen a tarxeta, máis se fortalece ao comercio local.

Cada compra realizada maior de 10€ utilizando a tarxeta de fidelización, suporía unha participación no sorteo final de 600 € en premios, incentivando deste xeito ás persoas consumidoras a realizar o maior número posible de compras e a pasar a súa tarxeta de socio do Club de Clientes do Morrazo co fin de obter as maiores oportunidades de facerse cun dos premios en formato de tarxeta regalo.

Por outra banda, para incentivar as compras na plataforma, realizarase un sorteo de dúas COMPRAS GRATIS dun máximo 100€ cada unha, entre os clientes que realicen os seus pedidos entre o día 4 e o 27 deste mes, no MARKETPLACE do Comercio do Morrazo.

Histórico