• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

20

Mar

2023

COA CHEGADA DA PRIMAVERA FECIMO PRESENTA A CAMPAÑA “FAI FLORECER O COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Coa chegada da PRIMAVERA, Fecimo pon en funcionamento unha nova campaña de incentivo ás compras entre as empresas asociadas da comarca, na que se sortearán 1.800€ en COMPRAS GRATIS.

A campaña de primavera representa o fin do inverno e a chegada da cor e a alegría aos escaparates, entre outras cousas, coa renovación das coleccións, tendencias e produtos da nova tempada Primavera-Verán.

Coa finalidade de premiar a confianza das persoas consumidoras no comercio local e fortalecer esta relación cliente-empresa local, preséntase esta campaña mediante o SORTEO DE COMPRAS GRATIS. Deste xeito, agárdase que a oportunidade de que as compras saian gratis, consumindo no comercio local, incentive a participación por parte da clientela da vila e decante a balanza cara o comercio local nos procesos de decisión dos consumidores da contorna.

A campaña, que abarcará as datas  do 21 de marzo ao 30 de abril do 2023, levarase a cabo a través da páxina  www.comerciodomorrazo.com, onde as persoas consumidoras do comercio local asociado de Bueu, Cangas e Moaña poderán rexistrar os seus tickets de compras para que, con sorte, resulte nunha COMPRA GRATIS.

COMO FUNCIONA A CAMPAÑA:

1_ Realizar unha compra ou servizo entre o 21 de marzo e 30 de abril nunha das empresas asociadas de Bueu, Cangas ou Moaña, dun importe mínimo de 10€.

2_ Entrar na páxina www.comerciodomorrazo.com e pinchar no banner da campaña para rexistrar o ticket da compra realizada, na que debe indicar a empresa onde realizou a compra, o importe da mesma e o número do ticket rexistrado.

3_ Gardar o ticket rexistrado, xa que, de resultar premiado, será notificado por parte de FECIMO e será solicitado para a súa validación. (De non enviarnos o ticket de compra, non cumplirá os requisitos que marcan as bases para recibir o premio.)

4_ De resultar premiado o seu ticket rexistrado, a empresa onde realizou a compra fará entrega ao cliente dunha TARXETA REGALO cargada co importe de dito ticket (importe máximo de 120€* por ticket) para volver a ser consumida nos establecementos asociados. 

A Federacion, para garantir un maior número de tickets premiados, estableceu un límite de bonificación de 120€ por ticket premiado, polo que aínda que o valor da compra fose superior, o cliente recibirá unha tarxeta regalo con 120€.

Esta campaña, organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia, axudará á dinamización da actividade do noso tecido comercial do Morrazo.

Histórico