• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

19

Xul

2022

Chega a segunda edición de BUEU NON STOCK

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Por segundo ano consecutivo as empresas do comercio local celebrarán BUEU NON STOCK, que terá lugar os vindeiros días 29, 30 e 31 de xullo no recinto do Aparcamento de “As Lagoas” en Bueu.

A localidade de Bueu acolle este evento, que nesta ocasión trasládase en forma de Feira a un recinto, onde as empresas se instalarán en stands ofrecendo o seu stock a moi bo prezo. A oferta será moi variada, moda señora e cabaleiro, xuvenil e infantil, zapatería, lencería, xoieria, complementos…etc. o que, sen ningunha dúbida atraerá o interese de moitos veciños e visitantes da comarca.

Promovida pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu- ACIBU, cofinanciada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Bueu, esta feira é un proxecto do comercio de proximidade que supón un alivio de stocks da tempada de verán e inverno.

Os tres días de celebración deste evento proporcionará unha oportunidade para atopar auténticas gangas en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h  a 23:00 h., pechando as súas portas o domingo as 22:00h.

Dende o colectivo animan a todo aquel cazador de ofertas a visitar a Feira de Oportunidades BUEU NON STOCK onde atoparán os SUPERDESCONTOS DO COMERCIO LOCAL.

Histórico