• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

20

Nov

2017

COMEZA A CAMPAÑA DO BLACK “FREEDAY” NO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O comercio do Morrazo celebra a chegada do “Black Friday” coa celebración da campaña “Black FREE-DAY” nos seus establecementos. 

 A campaña sorteará 5 compras gratuitas* entre os clientes das empresas participantes na campaña.

¿En qué consiste a campaña?

A presente campaña a celebrar no Morrazo, coincidindo co BLACK FRIDAY, ten por obxectivo o de fidelizar e premiar o consumo no comercio local, durante a semana do 20 ao 25 de novembro de 2017.

En paralelo aos descontos do BLACK FRIDAY, FECIMO sorterá 5 compras GRATIS* entre as realizadas polos clientes durante a celebración da campaña baixo a denominación de “BLACK FREEDAY”. Desta forma, os clientes, ademáis de poder beneficiarse dos descontos que fagan os establecementos nesas datas, terán a oportunidade de participar nun sorteo para que a súa compra lle salga GRATIS.

Todos os establecementos participantes, estarán identificados cun cartel da promoción e terán a sua disposición 100 boletos para entregar coas compras durante a campaña.

¿Cómo se entregan os boletos?

Por unha compra mínima de 10€, realizada nos establecementos participantes que estarán identificados a través dos carteis promocionais da campaña “Black Freeday”, recibirase un boleto de participación.

Este boleto, deberá ser cuberto cos datos persoais (Nome, Apelidos e teléfono de contacto) da persoa concursante, o selo do establecemento e depositado nunha das furnas habilitadas a tal efecto en cada empresa participante, en horario comercial.

Cada boleto, deberá estár debidamente selado polo establecemento polo cal foi entregado.

¿Cáles son os premios da campaña?

A campaña sorteará 5 premios. Para proceder ao sorteo, xuntaranse todos os boletos recibidos durante a campaña, e extraeranse 5 boletos, aos que se lle premiará co importe* da compra de houbesen realizado de maneira gratuíta.

Para comprobar dito importe, cada un dos gañadores/as, deberá presentar o ticket da compra realizada no establecemento participante no cal resultou agraciado, ao cal se lle abonará o importe do ticket presentado, ata un máximo de 100€ por compra*.

*O importe dos premios, entregarase en vales compra.

¿Qué empresas participan na campaña?

BUEU

o AGROMANOLO o AIO MILAR ELECTRODOMÉSTICOS o CARMEN DAVILA o CARPIGAL EURONICS o EL HILO ROJO BOUTIQUE o ARTEGALIA o PLATERÍA-JOYERÍA CASTRO o MAXIBEBÉ o MERCAROUPA o NOUTRORA INFORMÁTICA o OXFORD BOUTIQUE o XOANIÑA

CANGAS

o +Q CURVAS o ALAIN AFFLELOU o AQUELAR o ARTIPLÁN CANGAS o ATREZZO o COOL o CORUXA MODA o DEPORTES OLIVER o GALIBIKE o HERBORISTERÍA MANXARICO o INFORMÁTICA Y TECNOLOGÍA LOGOS o IMAGEN COMPLEMENTOS o INDALECIO o ÍNTIMA 3 o JOYERÍA FERNÁNDEZ o LENCERÍA GLAMOUR o M&S CASUAL KIDS o MÁIS QUE TIXOLAS o MERCAROUPA o NOA AGASALLOS E COMPLEMENTOS o ÓPTICA PRISMA o ÓPTICA STUDIO o PILLADOS o RINCÓN DE PO o SALÓN DE BELLEZA UNISEX AVILÉS o SOAPEL SHOP o TECNOSAT o URBAN CIRCUS o ZAP ZAPATERÍA o ZAPATERÍA BABEL

MOAÑA

o APP INFORMÁTICA MOAÑA o BECHOS o BOX WOMAN o DIN Y DON o ENTORNO-4 o INNOVA ÓPTICA o KIO o LENCERÍA CAROL o LIBRERÍA ALBORADA o MERCAROUPA o MILAR ELECTROPIÑEIRO o MIMÁ ZAPATOS o MUEBLES LORENZO (Vilaboa) o OPTICALIA MOAÑA o TRASNOS CALZADO INFANTIL o VICKY MODA INFANTIL o ZAPATERÍA PEGADAS

BASES DA CAMPAÑA

Histórico