21
Xuñ
2023
FECIMO, A TRAVÉS DE COMERCIO DO MORRAZO, ASINA UN CONVENIO COA ANPA A PEDRA DE BUEU
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
O colectivo beneficiarase de descontos exclusivos utilizando o sistema de Fidelización do ComerciodoMorrazo. O acordo é o primeiro levado a cabo cos colectivos do Morrazo para o uso das tarxetas de fidelización do comercio local.
Desde Fecimo entendese que os diferentes colectivos da comarca (ANPAS, entidades deportivas, culturais, etc..), teñen valores en común co comercio local xa que todos buscan, mediante a participación colectiva, mellorar a situación das súas respectivas áreas (deporte, cultura, lecer, economía, etc..). Valores estes, que son compartidos polo Comercio Local, nos que o coidado polo local ten especial relevancia e sobre os que compre desenvolver acordos beneficiosos para todas as partes sustentados na reciprocidade e o coidado mutuo.
Froito deste sentimento FECIMO ven de acadar un acordo coa ANPA “A PEDRA” de Bueu, para utilizar o sistema de Fidelización do Comercio local como ferramenta de soporte para os descontos comerciais que o comercio local da vila ofertará anualmente a este colectivo. Isto supón unha clara aposta do colectivo polo comercio local xa que deste xeito prodúcese unha relación de reciprocidade entre os membros do colectivo e o comercio local, xa que o Comercio Local fai un esforzo extra, en formato de ofertas e descontos, para os membros do colectivo, co compromiso e obriga, ao utilizar a tarxeta do comercio local, de que eses descontos van ser reinvestidos no comercio local.
Este tipo de acordos fortalecen o comercio local do Morrazo, garantindo que os descontos ofertados ao colectivo se reinvisten no Comercio do Morrazo, creando comunidade e poñendo de manifesto a importancia de coidar do noso.
Tra-la sinatura coa ANPA A PEDRA, entidade que promoveu e facilitou o acordo co seu compromiso co comercio local, a previsión dende a Federación de Comercio é entender este acordo comercial, que ata o momento se circunscribe a Bueu, a todas as ANPAS do Morrazo, dando a posibilidade a que todos os membros das mesmas disfruten das vantaxes de formar parte deste Clube de Clientes co que obterán descontos en distintas empresas do Morrazo.
Deste xeito, animan ás ANPAS interesadas a contactar e informarse sobre este convenio que será ventaxoso para ambas partes.
A Tarxeta de Fidelización do Comercio local ou o Clube de Clientes do Comercio Local é unha ferramenta de fidelización lanzada a finais do ano 2020 e que ten moi boa acollida entre a clientela do Morrazo.
Con este acordo darase un paso máis no plan de expansión da mesma coa incorporación de vantaxes negociadas para colectivos.