• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

22

Xan

2019

Curso “As 5 claves da venda”

Por, Fecimo Cursos e Formación Comments: no comments

Este curso a realizar na sede de FECIMO, consta de 4 xornadas que terán lugar o mércores 6, 13, 20 e 27 de febreiro de 21:00 horas a 23:00 horas.

Trátase é a ampliación da xornada do mesmo nome realizada en Fecimo en 2018. Desta volta, profundizaremos na temática e buscaremos adicar máis tempo a fortalecer as vosas habilidades para pechar vendas cos vosos clientes/as.

“As 5 Claves da venta” é un método práctico, simple, fácil de aplicar no voso día a día, que pode axudarvos a conseguir máis vendas e clientes, mellorando ademais a fidelidade ao teu negocio.  Vender non é fácil, pero coñecer e chegar a dominar as claves básicas para vender, sí o é.

A metodoloxía será amena e práctica, apoiándonos en casos concretos e situacións cotiás dos asistentes co fin de aprender a aplicar as distintas técnicas en cada negocio

TEMARIO:

•     Como conectar mellor cos teus clientes para que desexen comprarche.
•     Como conseguir e manter a confianza dos teus clientes.
•    Entender mellor por que compran os clientes, como valoran e como podes aproveitalo para aumentar as túas vendas e beneficios.
•     Como dirixir unha conversación que consiga vendas.
•     As claves universais para persuadir a través do método “D.I. C.E.S.”
•     Que palabras venden e cales poden facerche perder vendas.
•     Como evitar e solucionar obxeccións e dúbidas dos teus clientes.
•     Como defender os teus prezos e superar á túa competencia.
•     Como pechar máis vendas a clientes interesados sen presionar.
•  Como conseguir que os teus clientes queiran volver de novo a comprarche.

PONENTE:

Fernando Simón Marta, entrenador de vendedores.

É autor do método “As 5 claves da venta”, con máis de dez anos de experiencia en formación de vendedores.

Fai click aquí para ver o PDF do curso

 

O CURSO É GRATUÍTO PARA EMPRESAS ASOCIADAS.

INSCRIBIRME NO CURSO

Histórico
ARTIGOS RECENTES