• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

27

Nov

2023

DESCOBRE OS TESOUROS DO COMERCIO LOCAL

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Do 20 ao 26 de novembro, dende FECIMO púxose en marcha a campaña “Descobre os tesouros do comercio local”, coincidindo co lanzamento da ferramenta de e-mail marketing do comercio local de O Morrazo. Esta promoción ten o obxectivo de captar suscriptores á newsletter da páxina de Comercio do Morrazo na que sorteamos 600€ . Os premios consisten en 12 tarxetas regalo, cargadas con 50€ cada unha, para gastar en compras no comercio local e no marketplace do Morrazo.

Nestas newsletters daranse a coñecer promocións, ofertas e descontos do comercio local do Morrazo. Por outra banda manterase informados aos suscriptores das campañas e eventos locais como a Campaña de Nadal, a celebración de Feiras de Oportunidades, Espectáculos de Maxia, Pasarelas de moda…etc, facilitando así a súa participación.

Este proxecto conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Villagarcía de Arousa e está financiado con fondos da Secretaria de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, así como o Fondo Feder da Unión Europea.

 

Histórico