• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

04

Dec

2017

“DESEMBARCO TURCO EN CANGAS” A PROMOCIÓN DE FECIMO DEFENSA DA VILA

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O Concello de Cangas ven conmemorando este ano os 400 anos da “Defensa da Vila” cun amplo programa de actividades, no apoio desta iniciativa.

FECIMO, e dende o Venres 1 ata o Domingo 10 de decembro, e no que serán os días mais relevantes da conmemoración, suma unha nova campaña no pequeno comercio para apoiar o evento da memoria histórica da vila de Cangas:

“O Desembarco Turco en Cangas”

cos “Mapas da Resistencia”.

Que é o “O Desembarco Turco en Cangas” e os “Mapas da Resistencia”?

Dende FECIMO puxemos en marcha unha campaña de promoción que vai en paralelo con outras actividades do Concello. Tratase dunha campaña con premios económicos para aquelas compras que se realizacen nos establecementos marcados nun “Antigo Mapa” de Cangas como os “Mercaderes da Resistencia”, así os clientes cando fan unha compra axudan a que o comercio medre axudando a “resistir” e conseguindo un boleto con que poden participar nun sorteo de 300 euros en cheques-compra. Estes poderán ser usados durante o período de compra de Nadal de tal forma que todo faga medrar o valor e ventas do pequeno comercio.

Fecimo como xa ven sendo habitual apoia o comercio coa realización da campaña promocional na que se inclúen unha imaxe de campaña completa (pósters, mapas, vinilos de identificación para os comercios, etc) ademais da súa difusión online a través das súas webs e redes sociais, axudando a que deste xeito os clientes poidan atopar a todos os comercios que participan nesta campaña.

BASES DA CAMPAÑA

 

Histórico