• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Dec

2018

MÁIS DE 40 PREMIOS ENTREGADOS ATA AGORA NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Destacamos o bo acollemento que está a ter a campaña de Nadal “ONDE HAI COMERCIO LOCAL HAI MAXIA NO NADAL” posta en marcha entre os asociados de Bueu, Cangas e Moaña.

No que vai de campaña levamos repartidos actualmente 43 premios directos dos 72 postos en circulación. Dos premios entregados ata o momento 29 deles foron de 50€,  6 de 100€, 5 de 200 e 3 de 300€, e aínda quedan 29 premios por sair nos vindeiros días.

Coma sempre, estes premios son moi repartidos entre as tendas e empresas do Morrazo saíndo ata o momento, 13 en Bueu, 12 en Cangas e 4 en Moaña.

As persoas premiadas recolleron xa, na sua maioría, os seus cheques-compra nas oficinas de FECIMO en Cangas ou nos propios establecementos nos casos dos premios de 100, 200 e 300€.

Agora terán ata o día 10 de febreiro de 2018 para gastar ditos cheques compra nas empresas dos distintos sectores (comercio, hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.) participantes desta tradicional campaña da Federación.

Dende a organización resaltamos a boa acollida do funcionamento dos premios e tamén a boa implicación dos establecementos que este ano como novidade puideron empregar a plataforma para facer sorteo de agasallos entre os seus propios clientes, deste xeito, comercios como I.T LOGOS, MÁIS QUE CURVAS, TECNOSAT, BELAVISTA ou OXFORD BOUTIQUE fixeron entrega de agasallos que foron dende VALES DE DESCONTO, ata PERFUMES DE GRAN VALOR pasando por material informático ou Roupa de primeiras marcas.

Co sorteo de 72 premios a Federación consegue deste xeito chegar a máis xente e poñer máis diñeiro para premios en circulación. Como se informa na campaña, están en xogo máis de 7.000€: 45 premios de 50€, 12 premios de 100€, 9 premios de 200€ e 6 premios de 300€ que sairán ata o día 7 de xaneiro.

Agárdase un incremento dos rexistros nas vindeiras datas, así que os clientes do Morrazo ainda poden continuar a obter códigos de participación coas súas compras e ser un/unha dos afortunados gañadores/as.

Ata o momento máis de 15.000 clientes probaron sorte rexistrando as súas participacións na páxina web: www.compranomorrazo.com.

O Álbum fotográfico de gañadores esta publicado na nosa páxina web do facebook viveomorrazo

Histórico