• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

03

Out

2019

FECIMO COLABORA COS “DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO” EDICIÓN OUTONO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Tralos bos resultados da última campaña de “Días Azuis” celebrada na primavera, FECIMO, novamente, volve a colaborar coa Federación Galega de Comercio e coa Xunta de Galicia na organización desta campaña de dinamización comercial.

Esta campaña ten unha dotación económica de 16.200€ en premios para aqueles clientes que merquen nos “comercios galegos de proximidade” e que serán agasallados con tarxetas prepago de 300 e 150 euros, que poderán únicamente ser empregadas para volver a mercar no comercio local.

Trátase dunha CAMPAÑA PARA INCENTIVAR A COMPRA NO COMERCIO GALEGO DE PROXIMIDADE e terá lugar entre o 1 ao 20 de OUTUBRO de 2019.

Para acceder á campaña son os clientes os que participan mediante o rexistro do seu ticket de compra. Voluntariamente aqueles establecementos que o desexen poden incluir o seu establecemento na campaña co fin de rexistrar a compra dos seus clientes por segunda vez, duplicando deste xeito as posibilidades de gañar para o cliente no sorteo dos premios.

Histórico
ARTIGOS RECENTES