• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

11

Mar

2020

Fecimo reclama unha solución para a oleada de roubos en Cangas

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo reclamamos ás autoridades competentes unha solución para os continuos roubos que se están a producir no comercio e negocios de Cangas. Dende a federación, que o pasado día 9 de marzo participou na reunión entre colectivos e afectados, queremos facer un chamamento á sociedade de Cangas para participar nas manifestacións que se celebrarán o vindeiro luns día 16.

Fecimo tomou parte na reunión que pasado luns día 9 de marzo pola tarde tivo lugar en Cangas entre comerciantes, afectados/as e representantes das asociacións. A persistencia e gravidade dun problema que semella non ter fin e que cada vez adquire máis relevancia, motivou que dende a Federación se decidise dar un paso ao frente e poñer todos os seus medios para tentar buscar unha solución ao problema.

Na reunión, na que participaron representantes de Fecimo, Cangas Vella e comerciantes que non pertencen a ningún dos colectivos, púxose de manifesto a necesidade de unir forzas entre tódalas partes do tecido comercial, social e empresarial da localidade, co fin de visibilizar e dimensionar a problemática que están a sufrir comerciantes, hostaleiros e particulares no centro histórico de Cangas e arredores.

Entre as accións que se van a levar a cabo, co fin de visibilizar o problema ao que se enfrontan os negocios de Cangas, atópanse a convocatoria dunha manifestación a celebrar o vindeiro luns 16 de decembro ás 9:30h, con saída dende a praza da constitución e remate no Concello de Cangas, e para a que Fecimo solicita o máximo apoio, tanto de negocios de Cangas como de particulares.

Fecimo promoverá entre os seus asociados a asistencia a este evento e agarda que o pobo de Cangas saia á rúa co fin de apoiar e denunciar unha situación que está a supor un grave prexuizo para veciños, clientes e comerciantes.

Nesta liña, dende o comercio local anímase ás persoas comerciantes, ou particulares que se visen afectadas polos roubos, tanto en negocios, domicilios privados coma en vehículos particulares, a sumarse á demanda colectiva de seguridade, facendo visibles as consecuencias da delincuencia nas rúas de Cangas. Para elo, aquelas persoas particulares que o desexen, poden visibilizar os seus casos e sumarse ao expediente único que se está a recoller dende Fecimo, Cangas Vella e o movemento comercial local que iniciou as protestas. Para sumarse ao expediente de danos tan so teñen que aportar unha copia da denuncia e parte ao seguro (en caso de o teren presentado), unicamente co fin de valorar os danos sufridos. Esta documentación pódese deixar na sede de Fecimo (Avda de Vigo nº 91-baixo), na representación de Cangas Vella (Calzados Pumar – Méndez Núñez 24), na representación de ACICA (La pelu – Cangas – Avda de Marín 20) ou na representación do movemento social (Mi gran party – Rúa do Lirio, esquina Sol). Con esta información daráselle traslado ás diferentes administracións da dimensión real do problema que está a sufrir Cangas actualmente e da que se espera unha pronta resposta por partes dos organismos involucrados en garantir a seguridade cidadá na vila.

Histórico
ARTIGOS RECENTES