17
Nov
2017
FECIMO SUMASE A CAMPAÑA SOCIAL “CANGAS EN NEGRO”
Os comercios e escaparates de Cangas voltan a vestirse “” de negro como sinal de repulsa contra a violencia machista.
Por segundo ano consecutivo FECIMO sumase ao consistorio na rede de “Concellos en Negro”, unha iniciativa que se desenvolverá nos vindeiros días con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro.
Despois das reunions coa Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, dende hoxe e durante a vindeira semana ten lugar a campaña de concienciación social “Cangas en Negro” coa que se pretende facer visible o rexeitamento social ante calquera tipo de violencia contra as mulleres.
As accións de 2017, na que Fecimo tamén participa activamente, consiste en tinguir de negro a localidade a través dos escaparates, maniquíes, roupa de traballo, etc. Fecimo fixo o reparto dos elementos gráficos que se incluen na campaña con lemas para promover un “Espazo libre de violencias machistas”.