• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

07

Ago

2024

A 19ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO CONTARÁ CON 29 EMPRESAS

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas –ACICA, entidade integrada en FECIMO, ultima os detalles da nova edición da Feira de Oportunidades do Morrazo que terá lugar en Cangas os días 16, 17 e 18 de AGOSTO nas inmediacións dos Xardíns do Sinal, como ven sendo habitual.

Con 29 establecementos participantes, a organización está a traballar neste evento recoñecido na comarca e que, cada ano, reúne a máis visitantes. A Feira de Oportunidades do Morrazo ofrece un espazo de compra ao aire libre onde os clientes poderán atopar todo tipo de mercancías en stock a prezos moi reducidos.

O recinto estará ateigado de carpas individuais, de 25 metros cadrados aproximadamente, onde se instalarán as empresas expositoras durante a segunda fin de semana de agosto en horario de 10:30h a 14:00h e de 18:00h a 22:30h.

Para os establecementos, participar en feiras de stocks, ofrece a maneira de facer sitio nos almacéns para os artigos da nova tempada, vendendo o seu stock e recuperando parte do invertido, e, por outra banda, para o cliente é a oportunidade de adquirir produtos de primeiras marcas a prezos de ganga.

Haberá unha ampla variedade de sectores e artigos que estarán a venda a prezos moi rebaixados e que se adaptarán a todo tipo de clientela. Por outra banda, as datas son as mellores para equipar aos máis pequenos de cara a volta ao cole no mes de setembro, xa que poderán atopar tanto produtos da campaña de verán coma de inverno. Nos stands estarán dispoñibles artigos de moda home, muller, xuvenil e infantil, calzado, complementos, xoguetería, lenzaría, coidado persoal, deportes, informática, telefonía móvil, libraría, decoración …etc.

Nesta 19ª edición participarán as seguintes empresas procedentes de Bueu, Cangas e Moaña: ALEALI ZAPATERÍA, ARTIPLÁN, AS COUSAS DO FAIADO, ATREZZO, AXEITO, CHESTER, CINANIASHOP, COLORS, COUSIÑAS DE KELA, DEPORTES ÓLIVER, DEPORTES PLUSMARCA, DIN Y DON, EL RINCÓN DE ARIA, INFORMÁTICA LOGOS, LA CAPELLANA, LENCERÍA GLAMOUR, MELENA DE LEÓN, MERCAROUPA, MÍMATE+, MODA INFANTIL VICKY, MUY MÍA, NENE´S MODA INFANTIL Y JUVENIL, NÖETTA, OSBS CLOTHING TWO, RINCÓN &SOHO BY PO-TERRIER, SOAPEL CANGAS, TECNOSAT, XOANIÑA e ZAPATERÍA TARABELA.

A organización invita a vecinos e turistas a visitar este espazo mostrando o seu apoio ao comercio local, mercando no comercio de confianza e sen grandes desprazamentos.

A Feira de Oportunidades do Morrazo está organizada por ACICA (Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas), e conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, e coa colaboración do Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.

Histórico