• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Ago

2021

XVI FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Tradicional FEIRA de OPORTUNIDADES do MORRAZO, que este ano celebra de forma ininterrumpida a súa XVI edición, celebrouse, como en pasadas edicións, nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas, a fin de semana do 13, 14 e 15 de agosto.

Como na pasada edición, este ano, abriu aproveitando a mañá do venres, de forma que as tres xornadas contaban co mesmo horario de apertura e peche: de 10.30h a 14.00h e de 17.00h a 22.00h. Neste espacio de tempo os visitantes valeiraron o stock dos establecementos participantes atopando produtos con descontos de ata un 70%, chegando nalgúns casos incluso ao 80%, conseguindo deste xeito que os asistentes puidesen atopar e facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polo comercio local. 

Con 26 establecementos participantes de Cangas, Bueu e Moaña este ano creouse unha oferta de produtos que serviu como reclamo para unha excepcional acollida do evento polo público. O bo tempo, e as normas de segurodade importas pola organización permitiron ao público gozar dun fin de semana de compras con ofertas en produtos moi variados: moda infantil, moda e complementos para muller e home, informática e tecnoloxía, deportes, etc. 

A organización decidiu manter o concepto de haimas individuais que o ano pasado foron escollidas pola súa seguridade para a ampliación de espacios que garantiran así un mellor distanciamento social no evento, pero que ademais tiveron moi boa acollida pola súa beleza de conxunto. Estes espacios individuais de 25 metros cadrados de exposición por empresa formaron unha “T” pechada polo perímetro exterior e que ocupou unha superficie de máis de 1000m2.

As medidas de seguridade e hixiene derivadas da situación epidemiolóxica, que xa foron implantadas na pasade edición, foron ampliadas este ano mediante a implantación se sistemas telemáticos de control dos aforos. Fecimo puxo a disposición dos visitantes xel hidroalcohólico nas zonas de acceso principais e, igualmente, en cada unha das haimas individuais. Do mesmo xeito, estableceronse duas entradas e saidas para facilitar os acesos ao percorrido do recinto da feira, nos que o persoal cualificado contratado pola organización velou por manter aforo máximo de 45o persoas e polo cumprimento das normas de hixiene e seguridade co obxectivo de acadar unha feira exitosa en vendas e en seguridade.

Os visitantes puideron facer as súas compras con tarxeta, respetando as medidas hixiénicas e colaborando así en ter unha Feira máis segura, xa que foron moitos os establecementos expositores que contaron con TPV inalámbrico

MEDIOS DE DIFUSIÓN

A gráfica, deseñada como sempre por FECIMO, estivo presente nos escaparates dos establecementos locais participantes e luciron nas rúas de toda a comarca en gran formato. 

En canto á difusión en medios, cabe destacar a presencia publicitaria en prensa e radio e a publicidade de pago en redes sociais como Facebook, que nos permitiu chegar moi rapidamente a máis de 45.000 persoas da comarca e da súa área de influencia.

ASISTENCIA

A incorporación de sistemas de control de aforos, que permitiu controlar en todo momento o número de visitantes, e tamén nos permitiu constatar un número preciso de asistentes a Feira e que nesta ocasión superou as 10.000 persoas, polo que podemos concluír que este edición tivo unha boa acollida e que a Feira é un evento que gusta ao público tanto dentro como fora do Morrazo.

A feira, como sempre, serviu de canle para a venda do stock procedente da pasada tempada e tamén de escaparate para promover as empresas locais participantes para achegalas a novos clientes potenciais, creando deste xeito un escaparate común para apoiar a un sector vital na creación de emprego e riqueza para cada unha das vilas que forman o Morrazo.

Histórico