• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

18

Ago

2023

VEN CON NÓS A CELEBRAR A GRAN FESTA DO COMERCIO LOCAL DE MOAÑA

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

ACIMO_Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, entidade integrada en FECIMO, levará a cabo esta campaña de dinamización consistente na celebración dunha gran festa do comercio local no mes de setembro.

O evento buscará achegar aos clientes da contorna ao comercio de Moaña ofertando unha programación de actividades para tódolos públicos e ampliando os horarios de peche dos establecementos comerciais da vila.

DATA GRAN FESTA: Sábado 9 de setembro.
HORARIO: De 17:30 h. a 22:30 h.
LUGAR: Contorno do Palco de Música-Alameda de Moaña

Actuacións previstas para o Sábado 9 de setembro:

> 17:30 h:”Zona de obras” Brais das Hortas
> 18:20 h:”Chungo que te cagas” Peter Punk
> 19:15 h:”Narracións Imprevistas” Santi Prego e Jorge De Arcos
> 20:30 h:”Consertasso na Horta” Brais das Hortas
> 21:15 h:”Peque Disco MocMoc – Revivals” Fin de festa 

Desenvolvemento da campaña

A idea principal é premiar as compras realizadas no comercio local da vila entre o 21 de agosto e o 9 de setembro, regalando estes, polas compras superiores a 10€, TIRADAS Á RULETA que se instalará na Gran Festa Final do Comercio Local de Moaña. Por outra banda, se os clientes que realicen estas consumicións teñen fillos/as comprendidos/as entre os 4 e os 12 anos, os comercios entregaranlles PASES PARA OS INCHABLES que se colocarán dito día da festa.

A RULETA conterá distintos agasallos que os clientes conseguirán coas TIRADAS obtidas mediante as compras anteriormente mencionadas, xa que cada tirada terá PREMIO ASEGURADO.

Deste xeito, canto máis consuman os clientes no comercio local de Moaña, máis premios ou recompensas obterán na festa final.

Para facilitar a participación da clientela na festa final, as tendas inscritas na campaña AMPLIARÁN OS SEUS HORARIOS comerciais ata as 22:30h, ademais de REALIZAR OFERTAS atractivas para aquelas persoas consumidoras que se acheguen aos seus establecementos.

Campaña organizada por ACIMO_Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, asociación integrada en FECIMO, e Concello de Moaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, colaboran Abanca e Comercio do Morrazo.

Histórico