• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

06

Xuñ

2024

O COMERCIO DO MORRAZO PREMIA A FIDELIDADE CON FANTÁSTICOS REGALOS

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Chega o Verán tan esperado por tod@s e con este a nova Campaña  “FIEIS AO VERÁN E AO COMERCIO LOCAL” da man de FECIMO.

Co fin de premiar a fidelidade d@s clientes/as que mercan no comercio local da comarca, nesta ocasión a promoción, que se desenvolverá ata o 30 de agosto, realizarase por medio da TARXETA do Club de Clientes do Comercio do Morrazo.

Coa entrada en funcionamento desta campaña @s consumidores/as dos establecementos adheridos das localidades de Bueu, Cangas e Moaña poderán facerse con FANTÁSTICOS REGALOS acumulando PUNTOS nas compras realizadas con esta TARXETA DE FIDELIZACIÓN.

Para iso, faise público un catálogo de regalos na web www.comerciodomorrazo.com, para que os clientes do Comercio Local do Morrazo poidan consultar e facerse, a través das súas compras, con regalos para equiparse de cara o verán como: parasois, sombrillas, mochilas, vasos, tazas, palas de praia, gorras, etc… todos estes artigos coleccionables con vistosas impresións relacionadas coa comarca.

DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA

Para conseguir algún destes REGALOS a persoa consumidora deberá realizar unha compra ou servizo nunha das empresas adheridas á campaña durante os meses de xuño a agosto. Ao solicitar que a empresa lle pase a súa TARXETA DE FIDELIZACIÓN, automáticamente o sistema converte o importe da compra ou servizo en PUNTOS, que irán acumulándose na tarxeta do titular coas vindeiras compras a razón de 1€= 1 PUNTO.

Para realizar o canxe, tras consultar o catálogo de produtos publicado na web www.comerciodomorrazo.com, deberá acceder á súa área de cliente na

mesma web e escoller o/s regalo/s. Por último poderá recoller este/s regalo/s no establecemento adherido que escolla.

Dende a Federación anímase a toda persoa interesada en participar nesta campaña a facerse socio do Clube de clientes do Comercio do Morrazo por medio da web ou solicitando a súa Tarxeta de Fidelización en calquera das empresas adheridas, para acumular descontos con cada compra ou servizo, e ademáis nestes meses de xuño a agosto, conseguir fantásticos REGALOS do Comercio local.

Esta campaña de dinamización está organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia e Abanca.

Histórico