08
Xan
2018
FESTAS INFANTÍS DE NADAL EN BUEU E MOAÑA
Grande afluencia de público infantil para gozar dunhas tardes cheas de actividades.
Tralo evento organizado en Cangas, Bueu e Moaña gozaron das súas respectivas festas de Nadal, organizadas por Fecimo, durante as tardes dos días 3 e 4 de xaneiro,
Unha festas que se prolongaron durante mais de dúas horas e nas que os rapaces, igual que no caso de Cangas, puideron gozar de xogos, animación, pinturas, globoflexia, caracterización e nas que tamén tiveron lugar o sorteo de dúas cestas de Nadal para os pequenos e unha Tablet de última xeración en cada unha delas. En ambas todos estes premios foron entregados nas festas.
Para rematar os nenos e as súas familias puideron degustar de forma gratuíta unha chocolatada con roscón de reis.