• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Dec

2017

REMATA A GYMKHANA DE NADAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

DURANTE OS 14 DÍAS DA DURACIÓN PARTICIPAN CENTOS DE NENOS DA NOSA COMARCA

 

Por sexto ano consecutivo levouse a cabo a Gymkhana de Nadal e que este ano tivo como protagonistas a os “oficios” aos que nos adicamos cando somos adultos.

Os nenos de entre os 4 e os 14 anos tiveron que responder correctamente as probas plantexadas nos establecementos participantes nun mapa-cuestionario que foi entregado en máis de 30 colexios de toda a comarca nos días previos ao comezo da gymkhana.

Foron moitos os que xa nos primeiros días resolveron e entregaron os mapas nos establecementos pero ata onte día 28 púidose facer entrega dos mapas nos establecementos ou na oficina de Fecimo en Cangas.

Durante a vindeira semana terán lugar as festas para os pequenos en Cangas día 2, Bueu día 3 e Moaña día 4 de xaneiro e nos que terá lugar o sorteo dos gañadores así coma diversas actividades para o lecer de todos aqueles nenos que desexen achegarse con independencia de que participasen ou non na gymkhana.

Histórico