14
Mai
2018
HOXE DA COMEZO A CAMPAÑA “MERCA EN GALEGO”
Hoxe da comezo a Campaña “MERCA EN GALEGO”, coa que FECIMO quere poñer en valor a especial vinculación entre as vendas no pequeno comercio e o valor do idioma da nosa comunidade.
Esta campaña que estará en vixencia ata o 27 de maio, ten a finalidade de que os clientes sintan a “morriña” por unha imaxe de ámbito cultural Galego e nacional.
Para os que aínda non saiban en qué consiste esta campaña, deben ter en conta que trala compra ou servizo dun mínimo de 10€ nun establecemento participante, obterán boletos de participación que terán que cubrir para entrar no sorteo de 10 premios de 50€ en cheques compra, formando un total de 500€ en premios.
Este esperado Sorteo terá lugar o vindeiro 1 de xuño. Trala súa celebración a Federación poráse en contacto cos premiados cos cheques compra que poderán gastar nas empresas participantes nesta campaña.
Aquí tedes a bases para todo aquel que desexe consultalas: