• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Mai

2018

HOXE DA COMEZO A CAMPAÑA “MERCA EN GALEGO”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Hoxe da comezo a Campaña “MERCA EN GALEGO”, coa que FECIMO quere poñer en valor a especial vinculación entre as vendas no pequeno comercio e o valor do idioma da nosa comunidade.

Esta campaña que estará en vixencia ata o 27 de maio, ten a finalidade de que os clientes sintan a “morriña” por unha imaxe de ámbito cultural Galego e nacional.

Para os que aínda non saiban en qué consiste esta campaña, deben ter en conta que trala compra ou servizo dun mínimo de 10€ nun establecemento participante, obterán boletos de participación que terán que cubrir para entrar no sorteo de 10 premios de 50€ en cheques compra, formando un total de 500€ en premios. 

Este esperado Sorteo terá lugar o vindeiro 1 de xuño. Trala súa celebración a Federación poráse en contacto cos premiados cos cheques compra que poderán gastar nas empresas participantes nesta campaña.

Aquí tedes a bases para todo aquel que desexe consultalas:

BASES DA CAMPAÑA

 

Histórico