• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

18

Xul

2019

FECIMO PON EN MARCHA A I GYMKHANA DE VERÁN CO I TORNEO NACIONAL DE FÚTBOL 3 ESPAÑA NO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende o día 18 ata o 30 de Xullo, nenos e nenas de toda a Comarca poderán conseguir mapas nos establecementos participantes na campaña e participar no I TORNEO NACIONAL DE FÚTBOL 3 ESPAÑA celebrado en Galicia.

62 establecementos de Bueu, Cangas e Moaña xa están preparados para repartir os mapas e colocar as pegatinas para que os nenos, nenas e maiores que o desexen poidan participar no I TORNEO NACIONAL DE FÚTBOL 3 ESPAÑA que terá lugar os días 7,8 e 9 de Agosto en Moaña, Cangas e Bueu, respectivamente.

Para inscribirse neste torneo en cada localidade e preciso facer unha gymkhana percorrendo establecementos da vila na que se desexa xogar e acadar 10 modelos de pegatinas diferentes que deberán pegarse no espazo reservado do díptico, cubrir o cadro de inscrición e unha vez cuberto deixalo na oficina de Fecimo ou en calquera dos establecementos participantes que aparecen nos mapa da localidade.

O TORNEO DE FÚTBOL 3 ESPAÑA é una actividade lúdica non competitiva na que se misturan o fútbol e a diversión en equipos de 3 xogadores a que nos eventos que se van a desenrolar serán en dúas modalidades: EQUIPO DE AMIGOS no que participan 3 nen@s de idades similares ou EQUIPO DE FAMILIA no que participan dous nen@s cun familiar adulto e que está pensado para que xoguen fillos con pais ou avós.

Dende a Federación imos a dispoñer de todo o necesario para facer unha xornada de actividades moi divertida para pequenos e maiores en cada localidade na que ademais do TORNEO DE FÚTBOL 3 ESPAÑA aqueles rapaces que se acheguen poderán participar en diversas actividades e xogos populares.

Esta actividade é posible grazas a colaboración do comercio local do Morrazo, e contamos coa colaboración dos Concellos de Cangas, Bueu e Moaña, así como por parte da Xunta de Galicia e ABANCA.

 

Histórico