• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

15

Mai

2018

INSCRICIÓNS ABERTAS 13ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Xa están abertas as inscricións para a Feira de Oportunidades do Morrazo 2018. A feira é un dos eventos máis agardados polas empresas asociadas, dada a rentabilidade de formar parte dunha actividade na que liquidar o stock de productos e xerar novas posibilidades para o negocio.

Un ano máis, milleiros de clientes, locais e visitantes doutros puntos da xeografía, achegarannse buscando os descontos máis importantes nos produtos máis exclusivos do ano, nun evento con amplo horario, ubicación céntrica e coa vantaxe engadida de atopar cada vez máis variedade de sectores representados.

Este ano a Feira de Oportunidades celebrarase o segundo fin de semana de Xullo, coincidindo cos días 6, 7 e 8 na Alameda Nova de Cangas (a carón do Concello de Cangas do Morrazo), coma sempre nunha carpa acondicionada ás necesidades de público e visitantes.

CANDO? 6, 7 e 8 de xullo
ONDE? Contorno da Alameda Nova de Cangas
HORARIO: Venres 6, de 18 h a 23 h, Sábado 7 e Domingo 8 de 11 h a 14 h e de 18 h a 23 h
EXPOSITORES: Moda, decoración, complementos e agasallos, deportes, infantil, mascotas, e todo aquel establecemento comercial que cumpra co obxecto da feira.
ORGANIZA: FECIMO
COLABORAN: Xunta de Galicia_Dirección Xeral de Comercio e Concello de Cangas

CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN

INSCRICIÓN ON-LINE

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN

Histórico