• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

02

Xul

2015

Mañá Venres día 3, apertura da 10ª Feira de Oportunidades do Morrazo

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

02/07/2015 Mañá venres día 3 de xullo ás 18:00h procederase á apertura da décima Feira de Oportunidades do Morrazo, o gran escaparate do verán no que o sector comercio da nosa comarca ofrece descontos exclusivos nunha ampla oferta de produtos.

A carpa xa está instalada nas inmediacións dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas, e conta cunha extensión de preto de 1000 m2 en forma de T. A esta hora remátase cos últimos detalles do interior para que os 25 stands participantes poidan entrar a organizar a súa mercancía.

Lembramos que os clientes atoaprán nesta feira a mercancía en stock que os comercios participantes de Bueu, Cangas e Moaña exporán a prezos dun 40% en adiante.
Os visitantes interesados, terán tres días para facer as súas compras. A 10ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 3 ata o Domingo 5 de xullo nun horario amplo, sobre todo á tarde, para a súa comodidade:

• VENRES 3: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.

• SÁBADO 4 E DOMINGO 4: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Coincidindo co período de Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes.

Lembramos que para esta edición os clientes poderán optar aos máis de 500 agasallos que reparte a organización a través duns boletos “rasca e gaña” que recibirán coas súas compras.

Ademáis, poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con TPV inalámbrico.

Organiza a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para apoiar e fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.

Morrazoaldia.com.- xoves, 2 de xullo de 2015

Faro de Vigo.- venres, 3 de xullo de 2015

Morrazoaldia.com .-sábado, 4 de xullo de 2015

Faro de Vigo.- sábado, 4 de xullo de 2015

Histórico