21
Dec
2022
CAMPAÑA “TI ES O NOSO MELLOR AGASALLO”
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, pon en marcha unha nova iniciativa orientada ás redes sociais, á par da Campaña de Nadal, baixo o lema “TI ES O NOSO MELLOR AGASALLO”, coa que tenta de acercar os clientes aos establecementos da comarca onde realizan as súas compras nestas datas tan especiais.
Trátase de que mostren o seu cariño ao seu establecemento de confianza facéndose unha fotografía da súa visita, podendo así entrar no sorteo de 3 Tarxetas Regalo de 75€ cada unha. Unha tarxeta regalo por localidade (Bueu, Cangas e Moaña)
FUNCIONAMENTO
So terán que visitar unha das empresas de Comercio do Morrazo adheridas á campaña, facerse unha fotografía dentro do establecemento ou co persoal do comercio (se levan o gorro de Papá Noel posto, participarán no sorteo dunha tarxeta extra de 75€) e subila á plataforma de participación en www.comerciodomorrazo.com, onde terán que loguearse co seu mail ou Facebook para subila.
Os clientes terán ata o 29 de decembro para subir a súa fotografía, realizándose o sorteo o venres, 30 de decembro. Os nomes dos gañadores/as serán publicados nas redes sociais de FECIMO e COMERCIO DO MORRAZO.
Os premios faranse entrega en TARXETAS REGALO no establecemento onde fora feita a fotografía premiada.
Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Fotografías dos premiados da campaña "TI ES O NOSO MELLOR AGASALLO"