• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Out

2021

FECIMO colabora estreitamente nunha iniciativa promovida polo Concello de Moaña chamada “MOAÑA CONSUME LOCAL”, cuxo obxectivo é incentivar, mediante unha bonificación, o consumo no comercio local, para o beneficio das empresas da vila e acadar deste xeito unha mellora da economía circular na actividade empresarial. 

 

O Concello colabora na campaña organizada polo Concello de Moaña: MOAÑA CONSUME LOCAL e que BONIFICA UN 30% O CONSUMO que os clientes fan no comercio local de Moaña.

O Concello de Moaña cubre a parte bonificada desta campaña cun total de 100.000€, co cal, permite asegurar, sempre en función do gasto dos clientes, unha facturación de máis de 300.000€ nos establecementos participantes nesta iniciativa

 

A campaña comezou o luns 11 de outubro e poderá chegar ata o 10 de Novembro ou ata esgotar o orzamento disposto polo Concello. Ás primeiras impresións por parte dos establecementos apuntan a un importante incentivo no consumo local,  xa que indican que están a notar maior actividade comercial e un impulso nas vendas, sen dúbida asociado a este  desconto do 30 % que permite beneficiar a clientes e establecementos.

 

Cada cliente, maior de idade, que se rexistra co seu DNI na web https://www.moañaconsumelocal.gal/, recibe un acceso a unha tarxeta-moedeiro virtual na que dispón dun máximo de 75 euros de saldo bonificado para gozar do 30% de desconto nas compras e servizos que consuma nos establecementos asociados a esta campaña e que tamén poden ser consultados na mesma páxina web.

Así unha consumición de 250 € reducirá o seu custo a 175 € para o cliente e o Concello de Moaña aboará a diferencia ao establecemento. Este beneficio é para todas aquelas persoas maiores de idade, con independencia da procedencia, xa que non é obrigatorio estar empadroado en Moaña, e que conten co seu DNI para identificarse no momento da obtención do desconto

 

No caso dos establecementos, o Concello estableceu un máximo de 2.250 € bonificados para cada local, creando unha reserva de 900 euros para asegurar unha maior equidade no reparto.

A esta campaña súmanse un total de 60 establecementos comerciais aproximadamente, socios e non socios de Fecimo, que participan na campaña  e que proceden de diversos sectores polo que é fácil atopar produtos e servizos moi interesantes a un moi bo prezo estes días na vila de Moaña.

 

 

Os negocios locais para poder participar tiveron que cumprir unha serie de requisitos, establecidos nas bases da iniciativa, segundo o Concello de Moaña, sendo imprescindibles, a ubicación no Concello, pertencer a un dos grupos de IAEs citados e acreditar unha diminución, que inicialmente foi establecida no 40% e que finalmente foi modificada e reducida ao 20 %, da súa facturación en 2020 con respecto 2019.

Unha vez que se rexistrados, dende Fecimo fixemos unha revisión e validación, de forma que, unha vez confirmados, foron publicados na mesma web mediante unha listaxe sectorizada con tódolos participantes para facilitar aos usuarios a súa consulta.

O período que tiveron para adherirse foi do 15 de setembro ata o 10 de outubro, mediante rexistro na web.

 

 

Fecimo colabora, entre outras responsabilidades, nos procesos previos á iniciativa, mediante a creación e xestión da páxina web moañaconsumelocal.gal así como na continua atención telefónica e presencial de calquera cliente e local interesado en participar, así como, no deseño da imaxe da campaña e da súa correspondente cartelería, na comunicación externa da iniciativa, e na comunicación dixital a través de e-mails, redes sociais e na comunicación interna aos nosos asociados.

 

Dinamizar a economía do comercio local a través deste tipo de proxectos e iniciativas é un dos máis importantes obxectivos  que a FECIMO quere acadar e defender para pór en valor a economía circular da nosa Comarca.

 

Histórico