• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

04

Set

2019

“O MORRAZO TEN UN COMERCIO DE PELÍCULA” UNHA CAMPAÑA DE CINE PARA O COMERCIO LOCAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Para celebrar, un ano máis, o crecemento en Bueu do Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu, un dos eventos máis multitudinarios desta vila, Fecimo celebra unha campaña paralela para dinamizar o comercio local en TODO O MORRAZO nesa mesma semana, aproveitando o ambiente creado polo certame.

Baixo o nome “Bueu, ten un comercio de película”, a Federación, celebraba este ano a súa cuarta edición desta campaña na vila, pero na procura de ampliar a celebración deste festival internacional a toda a comarca, esta campaña, fíxose extensiva as vilas de Cangas e Moaña.

A Campaña repartirá 600 euros en premios e que serán entregados aos gañadores dos sorteos de 12 premios de 50€ (en cheques compra) e que sairán de entre todos aqueles clientes que compren nos establecementos participantes na campaña e que recibirán un boleto de participación que conten un código que deberán introducir xunto cos seus datos na web www.comerciodomorrazo.com

Do mesmo xeito, a federación, sorteará 5 bonos para a sección oficial FIC BUEU e 10 entradas para a Gala de entrega de Premios do festival.

Os establecementos participantes desta campaña xa teñen exposto o material promocional distintivo desta campaña que xa lles foi entregado por Fecimo nos pasados días e que os fará facilmente identificables.

En Bueu, e como xa se fixo en pasadas edicións, ademais do material promocional, Fecimo, deseñou e encargou a decoración con vinilos de motivos cinematográficos dos máis de 40 establecementos participantes para crear un maior ambiente en consonancia co Festival.

Ver galería de escaparates en Facebook

Histórico