• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

06

Nov

2017

NETWORKING DE INNOVACIÓN E RENOVACIÓN, CLAVES PARA A CONSOLIDACIÓN DO COMERCIO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) acolleu o Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración con FECIMO e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.

O obxectivo da iniciativa, que se desenvolve nas catro provincias galegas, é fomentar o emprendemento, o uso das novas tecnoloxías, a renovación e a consolidación comercial.

Trátase de transmitir información ó comercio galego sobre distintos aspectos relacionados coa súa actividade: normativa, consumo, axudas, tecnoloxía, comercio electrónico, fidelización; etc. Dar a coñecer as ferramentas disponibles e aportar medios para que o sector acade a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, distribución, fidelización e o coñecemento do consumidor.
O taller contou coa asistencia da presidenta da Asociación de Comerciantes de Cangas, Nélida Carrocelas; o secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio, Luis S. Fernández Díaz; e os técnicos da Federación, Carmen Pérez e Jose S. Vázquez.
Previamente á celebración deste taller, entregouse unha tarxeta de 300 euros e unha tarxeta de 150 euros a consumidores de Cangas que foron premiados na campaña Días Azuis do Comercio Galego, por compras realizadas en Arumes, jabones y velas e M&S Casual Kids, respectivamente.

Histórico