• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Set

2017

O ÉXITO DA MODA DO COMERCIO LOCAL NA VI EDICIÓN DE AMODIÑA

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A VI Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo – AMODIÑA – encheu de espectadores  o entorno do palco da música de Moaña nun evento axil e vibrante no que a moda do noso comercio local e as actuacions dos grupos invitados fixeron que o publico gozase.  

O evento deu comezo o Sábado 23 as 21:00 h. no entorno do palco da música no paseo marítimo de Moaña tal e como estaba previsto.

Pola súa pasarela desfilaron os nosos modelos mais pequenos cos estilismos de Merca Precio, M&S casual Kids, Mercaroupa e Atipi&Co.

Despois os modelos profesionais abriron a pasarela coas gafas de Optica Studio e os estilismos de Kio, para dar paso posteriormente a unhas modelos guapísimas e moi especiais con estilismos de + Q Curvas.

Optica Bueu, La Pelu, Eli Bonet e Mercaroupa Lencería foron os encargados de facer protagonista a moda na parte central do evento, para dar paso a Ondas Moda, Pillados, Mimá Zapatos e Axeito que abraiaron ao público asistente.

Cool lencería, Urban Circus, Rincon de Po e El Hilo Rojo Boutique foron os encargados de pechar a moda na VI Pasarela coas súas tendencias e a súa moda en estado puro.

Os asistentes, ademais de moita moda puideron disfrutar coas actuacións por partida dobre de Boombox e The Cherry´s Band ademais de non perder detalle coa realización profesional en directo proxectada en dúas pantallas xigantes no entorno da pasarela.

O éxito e as boas sensacions recollidas pola organización coinciden coas novas recollidas en prensa local como o caso do Faro de Vigo: 

MÁIS INFORMACIÓN

Histórico