• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Abr

2020

O Goberno pon en marcha o Plan de Desescalada da Crise Covid-19

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O plan constará de catro fases e pasar dunha a outra dependerá da capacidade do sistema sanitario, situación epidemiolóxica, medidas de protección en espazos públicos, datos de mobilidade e socioeconómicos.

FASE PREPARATORIA
Dende o 4 de Maio
Tamén chamada fase cero:
Inclúese a apertura de locais e establecementos con cita previa para a atención individual dos clientes, así como dos restaurantes con servizo de comida para levar, sen consumo no local.
Os menores poden sair unha hora á rúa e os adultos para facer exercicio.
Os deportistas profesionais e federados poderán empezar a adestrar de forma individual.
FASE INICIAL
Previsiblemente dende o 11 de Maio
Permítese a apertura do comercio baixo condicións estritas de seguridade, excepto os centros comerciais, onde son máis probables as aglomeracións.
En restauración poderanse abrir terrazas con limitacións de ocupación do 30% e, en hostalería, hoteis e aloxamentos turísticos, excluíndo as zonas comúns.
O sector agroalimentario e pesqueiro renovará as actividades que mantiña con restricións.
Os lugares de culto poderán abrir limitando o seu aforo a un terzo da súa capacidade.
No ámbito deportivo, faise apertura de centros de alto rendemento con medidas de hixiene e protección reforzadas e o permiso para o adestramento medio en ligas profesionais.
Para os cidadáns que utilizan o transporte público, o uso da máscara estará “altamente recomendado”.
FASE INTERMEDIA
Previsiblemente dende o 25 de Maio
Ou fase dúas. Abrirase o espazo interior dos locais só para o servizo de mesas, con separación entre elas e un terzo de aforo.
O curso escolar comezará en setembro con carácter xeral, aínda que se poderán reabrir antes os centros educativos co propósito de garantir as actividades de reforzo, que os menores acudan no caso de que ambos os proxenitores traballen presencialmente e para celebrar as probas da EBAU.
Os cinemas, teatros e auditorios reabrirán un terzo do seu aforo con butacas preasignadas. As salas de exposicións, conferencias e visitas a monumentos tamén abrirán cun terzo da súa ocupación habitual.
Os actos e espectáculos ao aire libre estarán permitidos cando se congreguen menos de 400 persoas sentadas. Os lugares de culto deberán limitar o seu aforo ao 50%.
FASE AVANZADA
Previsiblemente dende o 8 de Xuño
Ou fase tres. A mobilidade xeral será máis flexible.
O comercio limitará o aforo ao 50% e fixarase unha distancia mínima de 2 metros entre persoas.
En restauración, suavizaranse algo máis as restricións de aforo e ocupación, aínda que se manteñen estritas condicións de separación entre o público.
Manteranse as recomendacións do uso da máscara fora do fogar e nos transportes públicos.
FASE DE VOLTA A NOVA NORMALIDADE
Previsiblemente Finais de Xuño (Día 22 con caracter orientativo)
ESTABLÉCENSE PLAZOS MÍNIMOS DE 2 SEMANAS POR FASE
A duración mínima de cada unha das fases de desescalada fixouse en dúas semanas, que é o tempo de incubación do virus.
No mellor dos casos, a duración do proceso será de mes e medio e, como máximo, expóñense oito semanas, polo que, según o Goberno:
  “a finais de xuño estaríamos na nova normalidade se a evolución da epidemia está controlada en todos os territorios”.
A partir desa data terminarán as restricións sociais e económicas, pero manterase a vixilancia epidemiolóxica e, sobre todo, as medidas de hixiene e protección persoal ata que haxa unha vacina.

Histórico