• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

16

Dec

2011

O terceiro volume de “O Bichero” de Luis Davila xa á venda nas librarías do Morrazo

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

16/12/2011 Onte ás 12:30h foi presentado na sede de FECIMO un novo recopilatorio das tiras cómicas de Luis Davila, “O Bichero III”, editado por FECIMO e que continúa a serie doutros dous números editados no 2009 e 2010.

Esta edición conta con 130 páxinas cheas de humor, recollendo unha selección de viñetas publicadas polo autor durante o presente ano 2011 e que polo tanto versan sobre temas de actualidade como foi o movemento 15M, as eleccións municipais e as xerais, a crise, as novas tecnoloxías… sen olvidar outros temas clásicos como o mar, os controis de tráfico, as vacacións, e “Xente de aquí” onde se retratan personaxes e temáticas propias do Morrazo e do rural.

En total realizouse unha tirada de 1500 exemplares. Tódolos asociados á federación terán á súa disposición un exemplar gratuito como agasallo de Nadal e os demáis serán distribuidos polas librerías do Morrazo para proceder á súa venta cun prezo de 12€.

Celebraranse sendos actos de firmas en Bueu e Moaña, pero as datas aínda están por confirmar, dependendo da disponibilidade do autor e da sala onde se realice.

Luis Davila agradece e felicita á Federación por continuar apostando por este producto. Segundo Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, é un gusto poder seguir apoiando a autores locais e agasallar ás empresas asociadas con este recopilatorio que sempre lles encanta.

Galería Fotográfica

Faro de Vigo.- venres, 16 de decembro de 2011

Xeado de Toxo.- venres, 16 de decembro de 2011

Histórico