• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Dec

2017

O COMERCIO DO MORRAZO UNESE A PLATAFORMA “POLO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O proxecto, constituído polas asociacións de comerciantes de Vigo, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, ademáis das asociacións locais de Bueu, Cangas e Moaña, busca defender ao comercio de proximidade evitando a implantación de grandes superficies comerciais que danen o modelo de crecemento comercial dende o centro das vilas.

FECIMO, a través das suas asociacións locais, ACIBU, ACICA e ACIMO, uniuse á plataforma “POLO COMERCIO LOCAL” na procura dos intereses do pequeno comercio de proximidade. Esta plataforma ten como obxectivo protexer ao pequeno comercio fronte os modelos comerciais das grandes superficies que pretenden trasladar aos clientes fora dos barrios cara emprazamentos afastados lonxe dos centros das cidades.
Dende Fecimo entendese que os modelos de cidades que queremos para a nosa contorna é o modelo de cidade que medra dende o ser centro cara afora, dotando de vida e servizos aos barrios, as rúas e facendo as nosas vilas e cidades máis agradables e transitables. Os modelos de grandes superficies actuais actúan como polos de atracción que deshumanizan os centros das vilas e converten os barrios en barrios dormitorio.
Proxectos como o de Porto Cabral en Vigo, centran as preocupacións da plataforma, xa que xogan coa desinformación da poboación para vender un proxecto atractivo e amigable cara o cidadán, cando a realidade é totalmente contraria. Por citar un exemplo, dos 4.000 empregos que o proxecto promete crear, a plataforma estima que destruirá alo menos outros 6.000 no pequeno comercio da zona. Proxectos como Porto Venecia en Zaragoza (promovido polo mesmo grupo que pretende instalar Porto Cabral) ou MArineda City na Coruña, xa deixaron notar o seu impacto negativo na vida comercial das respectivas cidades.

As principais reivindicacións da Plataforma son:

– Perda de 6.000 empregos de calidade no pequeno comercio na área de influencia.
– Problema global que afectará a uns 20.000 negocios incluíndo os concellos do entorno, directamente afectados
– A plataforma reúne xa o 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas.
– Promover modelos comerciais que non aumenten o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2. Modelos como o de Porto Cabral creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir 600.000 m2 de monte verde.
– Este proxecto non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea.

Fecimo, a través das suas asociacións locais, reuniuse cos alcaldes dos Concellos de Moaña, Cangas e Bueu para solicitar o apoio destas corporacións ao manifesto en rexeitamento do proxecto de Porto Cabral. A resposta foi moi positiva por parte dos tres rexidores e nas vindeiras datas cada corporación debatirá en pleno as propostas presentadas por Fecimo.

Histórico