• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

09

Dec

2021

FECIMO RECOLLE O PREMIO NACIONAL DE COMERCIO INTERIOR 2021 NA CATEGORÍA DE CENTROS COMERCIAIS ABERTOS

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Federación de Comerciantes e Industriais de Morrazo (Fecimo) recolleu, o día 9 de decembro, o Premio Nacional de Comercio Interior 2021 na categoría de centros comerciais abertos (CCA) nun evento que comezou ás 13.00 horas no salón de actos do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo en Madrid.

Estes galardóns, que este ano 2021 celebran a súa 24ª edición, contaron con tres modalidades que recoñecen anualmente a xestión dos concellos nas súas actividades de renovación urbana en apoio ao comercio local, aos pequenos comercios e ás asociacións de centros comerciais, así como no seu labor de desenvolvemento, modernización, dixitalización e sustentabilidade do sector comercial.

É a primeira vez un dos Premios Nacionais de Comercio, que concede o Ministerio de Industria, queda na provincia de Pontevedra, sendo a segunda vez en Galicia dende hai 24 anos.

Durante o acto a Federación estivo representada pola súa presidenta Ana Ave e  acompañada de Rodrigo Pastoriza e Yonathan Carreira, xerentes de Fecimo e Estrela de Marín respectivamente.

Chegando case ao final do evento, e tras unha breve presentación audiovisual de Fecimo, o premio foi recollido por Ana Ave, a quen lle foi entregado pola Ministra de Industria, Comercio y Turismo, María Reyes Maroto; a Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Margarida; e o Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia.

Unha vez acabada a entrega de diplomas e recoñecementos, Fecimo, a través do seu xerente, Rodrigo Pastoriza, compartiu as súas experiencias nunha mesa redonda xunto cos outros tres premiados principais de cada categoría: Montserrat Ballarín, Concejala de Comercio, Mercados, Consumo, Régimen Interior y Hacienda del Ayuntamiento de Barcelona; Saturnino Alcázar, Alcalde del Ayuntamiento de Herrera del Duque e Luis Sans propietario da tenda de moda Santa Eulalia. Neste coloquio moderado por Chus Escobar, integrante da Comisión de Turismo da Cámara de Comercio do Goberno de España, o xerente da Federación de Comerciantes do Morrazo, destacou a importancia da unidade e a presencia dos establecementos que participan no MarketPlace, así como a  “Dixitalización” e a “Formación” como elementos clave para acadar o éxito, actual e futuro, do tecido comercial e industrial no ámbito local.

O galardón que hoxe recibe FECIMO está dotado cun premio económico de 15.000 euros, que recoñece o asociacionismo comercial, orientado á promoción dos centros comerciais abertos (CCA) e a potenciación e desenvolvemento dos seus órganos de xerencia.

Dende FECIMO queremos destacar que É UN ORGULLO E UNHA SATISFACCIÓN acadar este premio, que nos define, como o mellor CCA (Centro Comercial Aberto) de España en este 2021, pero que para nós é o froito dunha longa traxectoria de máis de tres décadas chea de esforzos, as veces pouco visibles, e que deste xeito son agora máis  recoñecibles.

Un premio que, sen dúbida, chega grazas ao traballo e aos esforzos de moitas persoas que adicaron e adican gran parte dos súas labores profesionais a persoais a mellorar e coidar do noso tecido empresarial na comarca, especialmente, con moito mimo ao noso comercio local e nosa hostalaría, xa que ademais de nomes, marcas e logotipos, estes  son @s nos@s veciñ@s e amig@s con nomes propios.

FECIMO recolle este premio nun momento no que ademáis ten un gran valor simbólico engadido, xa que destaca moitas das labores, traballos, ideas e esforzos que a Federación puxo en marcha tras, o que posiblemente vai a ser lembrado, como un dos peores momentos a comerciais para o pequeno comercio e a hostalaría, derivado do confinamento e as restricións provocadas pola Covid-19.

Histórico
ARTIGOS RECENTES