• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

01

Set

2021

PREMIO NACIONAL DE COMERCIO INTERIOR 2021

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais de Morrazo (Fecimo) acaba de ser distinguida co Premio Nacional de Comercio Interior 2021 na categoría de centros comerciais abertos (CCA).

Este galardón do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, dotado con 15.000 euros, recoñece o asociacionismo comercial, orientado á promoción dos centros comerciais abertos (CCA) e a potenciación e desenvolvemento dos seus órganos de xerencia.

Estes galardóns, que este ano 2021 celebran a súa 24ª edición, contan con tres modalidades que recoñecen anualmente a xestión dos concellos nas súas actividades de renovación urbana en apoio ao comercio local, aos pequenos comercios e ás asociacións de centros comerciais, así como no seu labor de desenvolvemento, modernización, dixitalización e sustentabilidade do sector comercial.

É a primeira vez que uno dos Premios Nacionais de Comercio, que concede o Ministerio de Industria desde hai 24 anos, queda na provincia de Pontevedra e a segunda en Galicia.

Para FECIMO É UN ORGULLO E UNHA SATISFACCIÓN poder alzarse con este recoñecemento na categoría de promoción de Centros Comerciais Abertos (CCA), xa que é o froito dunha longa traxectoria de máis de tres décadas chea de esforzos, as veces pouco visibles, e que deste xeito son recoñecidos.

Para nós é un premio que chega grazas ao traballo e aos esforzos de moitas persoas que adicaron e adican gran parte dos seus esforzos profesionais a persoais a mellorar e coidar do noso tecido empresarial na comarca, e especialmente, con moito mimo ao noso comercio local e nosa hostalaría, xa que ademais de nomes, marcas e logotipos son @s nos@s veciñ@s e amig@s con nomes propios.

Un premio que para nós, neste momento ten un valor simbólico engadido e moi especial, xa que premia moitas das labores, traballos, ideas e esforzos que FECIMO puxo en marcha tras, o que posiblemente vai a ser lembrado, como un dos peores anos a nivel comercial para o pequeno comercio e a hostalaría, derivado do confinamento e as restricións provocadas polo Covid-19.

/ Sobre esta liña, algunhas das campañas realizadas por FECIMO en este 2021.

 

Desde FECIMO queremos amosar a nosa ledicia polo que supón o recoñecemento a unha “filosofía de traballo” , xa que, neste premio, téñense en conta os méritos do últimos cinco anos e a pesar de cambiar os órganos directivos, dende “esta casa” seguimos a traballar coa mesma filosofía “de sempre”.

Este premio igualmente suporá unha axuda económica de 15.000 euros, que esperamos que sirva para poñer en valor o tecido asociativo local e os traballos realizados, e que serán empregados en seguir contribuíndo a achegar solucións e melloras para as empresas.

O premio, previsiblemente, será recollido no vindeiro mes de Decembro coincidindo coas datas de celebración da tradicional “Campaña de Nadal”.

Estes premios recoñecen anualmente a xestión dos Concellos en apoio ao comercio local, así como aos pequenos comercios e asociacións de centros comerciais abertos.
Na subcategoría de poboacións superiores a 25.000 habitantes, o premio foi para o Concello de Barcelona. Na subcategoría de poboacións de menos de 25.000 habitantes, foi concedido ao Concello de Herrera del Duque, en Badaxoz.

O Premio ao Pequeno Comercio, dotado con 15.000 euros, foi outorgado a Santa Eulalia S.A, un comercio barcelonés. Esta categoría ten por obxecto premiar o desenvolvemento comercial e modernización empresarial mediante a mellora da tecnoloxía, asociación ou fusión de empresas.

Histórico