29
Ago
2018
REMATA EN MOAÑA A CAMPAÑA “COMPRIÑAS VEÑEN”
En paralelo coas actividades de “Días de Mar” do Concello de Moaña, FECIMO, ven de levar a cabo unha nova campaña para os seus asociados nesta vila.
Durante os primeiros 20 días do mes de agosto, mais de 30 establecementos participaron na Campaña “Compriñas Veñen” e na que a Federación ven de entregar 500 € en cheques compra aos clientes que foron premiados por facer as súas compras no pequeno comercio.
Cabe salientar a boa participación e o gran número de rexistros na web www.compranomorrazo.com que tivo esta campaña, e para a cal FECIMO puxo en circulación 8.000 boletos con códigos de rexistro.
En paralelo e para a súa maior promoción, ademais da cartelería, folletos e publicidade web, a Federación, colocou dous monolitos de 4 metros de alto e 1 metro de diámetro que foron de grande impacto no paseo principal de Moaña.
(Fotografía dun dos monolitos colocados na rúa Concepción Areal de Moaña coa imaxe gráfica da campaña.)
Os gañadores deste sorteo e gracias ao sistema de participación coa plataforma web soubérono no mesmo intre no que introduxeron o código do boleto que lle foi entregado polo establecemento. Gracias a este sistema evitaron esperas para un posterior sorteo e puideron recibir o seu premio case de forma inmediata.