• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

03

Feb

2023

ABANCA E FECIMO RENOVAN O SEU CONVENIO FINANCIEIRO

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

ABANCA e Fecimo renovan a súa colaboración e reforzan o impulso do comercio de proximidade.

> O banco ofrece un catálogo que facilita o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio.

> A entidade financeira e os comerciantes e industriais deseñan alternativas para a mellora da competitividade dos negocios actuais.

ABANCA e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) veñen de renovar, un ano máis, o seu acordo de colaboración co obxectivo principal de apoiar aos negocios de proximidade da localidade e reforzar o seu impulso económico.

O texto foi rubricado nas oficiñas de FECIMO en Cangas do Morrazo polo director de zona de ABANCA en Vigo norte, Víctor Manuel Vázquez, e por parte de Fecimo pola presidenta da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo e da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu, Ana María Ave. Á firma tamén asistiron a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas, María del Carmen Fervenza; o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, Óscar Casas; e o presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras-Bueu, Pablo Pazos.

A través deste acordo, os adheridos terán acceso a unha serie de vantaxes, como un plan de financiamento creado polo banco e a federación para dar resposta ás necesidades do colectivo. No documento detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios dos asociados. Así, poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Co obxectivo de adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria, o texto recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos asociados e proporcionar solucións ante a crise.

Os comerciantes e industriais do Morrazo poderán beneficiarse tamén de condicións melloradas na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais e do acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación do banco.

Histórico