20
Xan
2018
RENOVAMOS A IMAXE DA NOSA WEB FECIMO.ES
A nova web presenta un notable cambio de imaxe e adaptase aos novos dispositivos de visualización.
No seu afán de mellora, Fecimo ven de facer publica a súa renovada web principal: www.fecimo.es
A nova web segue a presentar unha estrutura de contidos similar a que xa estaba en funcionamento pero cun salientable cambio de imaxe e de funcionalidades con respecto a súa predecesora. Así a web de Fecimo e “responsive” ou o que é o mesmo, adaptable aos novos soportes como teléfonos intelixentes e tabletas dende onde actualmente fanse o maior numero de consultas e visitas, presenta un deseño moito mais limpo, estruturado e fácil para a súa navegación o que fan desta un conxunto mais atractivo.
Esta nova web pretende ser a acción inicial de cambio e adaptación dixital que Fecimo ten programada para 2018. A federación na súa proposta de constante mellora, busca mais forza e presencia en internet tanto para a Federación como de cara aos seus asociados, de tal forma que actualmente xa está a traballar para actualizar www.viveomorrazo.com e www.compranomorrazo.com para ofrecer unhas plataformas renovadas e que pasarán a ser ferramentas mais precisas que permitan aos asociados ter unha maior presenza en internet a encarar unha forza común na transición dixital que viven actualmente os pequenos comercios.