07
Feb
2018
A CAMPAÑA DOS NAMORADOS POLAS VENTAS E OS CLIENTES
Do día 8 ao 18 de Xaneiro comeza a primeira Campaña de Fecimo de 2018: “Namorado de tí. O teu Comercio Quérete”
Tralo fin das Campañas e as Gymkhanas de Nadal que ocuparon as primeiras datas do mes de xaneiro, Fecimo comeza agora co calendario de Campañas, Promocións e Accións de 2018 e que coma sempre prevé que van a ser moitas e variadas da cara a incentivar as ventas nos establecementos e a hostalería da nosa Comarca.
A campaña dos namorados, ven enmarcada no tradicional día de San Valentín, 14 de febreiro, e busca facer das compras relacionadas nestas datas algo atractivo nos comercios asociados a Federación, para isto, Fecimo preparou unha Campaña de promoción na procura de premiar e fidelizar aos clientes mediante dúas accións combinadas.
Por un lado presentamos unha campaña que repartirá 400 euros en premios e que serán entregados aos gañadores dos sorteos de 4 premios de 100€ en cheques compra e que sairán de entre todos aqueles clientes que cubran os seus datos nos boletos que lles serán entregados nos establecementos participantes e que poderán distinguir polos folletos e carteis identificativos que lucirán nos mesmos.
Por outra banda, os establecementos disporán dun divertido material que permitirá que clientes e comerciantes poidan facerse fotos demostrando o seu amor polo comercio e polas ventas. Estas poderán ser enviadas polos clientes ou polos establecementos a Fecimo onde procederemos a publicalas ata o día 18 e poderán ser votadas ata o día 23 de febreiro, data na que será escollida a que mais “me gusta” teña e definirá ao gañador ou gañadora de dous ceas valoradas en 100 euros unha para o/a cliente/a e a outra para o establecemento onde se fixo a foto e que poderán saborear nalgún dos establecementos de hostalería asociada a Federación da nosa Comarca.