10
Feb
2019
“TEMOS UNHA CITA NO COMERCIO LOCAL” A CAMPAÑA DE NAMORADOS DO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO
A primeira campaña deste 2019 é a campaña dos namorados, ven enmarcada no tradicional día de San Valentín, 14 de febreiro, e busca facer das compras relacionadas nestas datas algo atractivo nos comercios asociados a Federación, para isto, Fecimo preparou unha Campaña de promoción na procura de premiar e fidelizar aos clientes.
Baixo o nome “Temos unha cita no comercio Local” a Federación organiza unha campaña na que participan 120 empresas de Bueu, Cangas e Moaña que repartirán 600 euros en premios e que serán entregados aos gañadores dos sorteos de 3 premios de 100€ e 6 premios de 50€ (en cheques compra) e que sairán de entre todos aqueles clientes que compren nos establecementos participantes na campaña e que recibirán un boleto de participación que conten un código que deberán introducir xunto cos seus datos na web www.compranomorrazo.com
Os establecementos participantes desta campaña xa teñen exposto o material promocional distintivo desta campaña que xa lles foi entregado por Fecimo nos pasados días e que os fará facilmente identificables.
Este ano ademáis dos premios de fecimo os establecementos están a sortear premios entre os seus propios clientes grazas a plataforma informática de FECIMO e o sistema de códigosm deste xeito, os clientes terán en moitos casos o dobre ou o triple de posibilidades de levar un premio polas compras realizadas no comercio local do Morrazo.
OS GAÑADORES DO CONCURSO
Este/as foron @s gañad@s do sorteo de premios:
Leticia Alonso Sánchez, gañadora de 50 € pola súa compra en MERCAPRECIO MOAÑA
Araceli Boubeta Martínez, gañadora de 50 € pola súa compra en GALIKAYAK
Eva Peña Oca, gañadora de 50 € pola súa compra en ZAPATERÍA ZAPA-TITO
Paula Romero Hermelo, gañadora de 50 € pola súa compra en MAIKEL & BEST
Benito Suárez Núñez, gañador de 50 € pola súa compra en MERCAPRECIO MOAÑA
Nerea Durán Villar, gañadora de 50 € pola súa compra en MERCAROUPA CANGAS
Omara Pena Cordeiro, gañadora de 100 € pola súa compra en CONGELADOS GÓMEZ
Pablo Santomé Abal, gañador de 100 € pola súa compra en BOX WOMAN
Santiago Antepazo Couso, gañador de 100 € pola súa compra en DEPORTES OLIVER