• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

30

Ago

2022

CAMPAÑA VIVE A MAXIA DO COMERCIO LOCAL

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Dende Fecimo queremos informarvos do inicio dunha nova campaña de dinamización coa que os clientes do Comercio do Morrazo gozarán da MAXIA DE MERCAR NO COMERCIO LOCAL.

Esta campaña busca lembrar ás persoas consumidoras a maxia de mercar no pequeno comercio, o sentimento de ilusión e sorpresa que se agocha dentro dos comercios locais.

A iniciativa terá lugar do 5 ao 25 DE SETEMBRO, onde os clientes poderán gañar 600 € en premios, soamente rexistrando os tickets de compra dos consumos realizados nos comercios asociados do Morrazo durante a vixencia da campaña.
 
Pero a cousa non queda ahí. Haberá Espectáculos de Maxia para os máis pequenos, aos que poderán acceder os clientes con tickets de compra superiores a 20€.
FUNCIONAMENTO 
 
Nesta ocasión os clientes que desexen participar, deberán rexistrar os seus tickets de compra superiores a 10€, obtidos mediante o seu consumo nos establecementos do Comercio do Morrazo, na páxina www.comerciodomorrazo.com, onde deberán indicar os seus datos de contacto así como o nome da empresa que expedíu dito ticket, entre outros.
 
NON É PRECISO INSCRICIÓN POR PARTE DAS EMPRESAS PARTICIPANTES.
 
PREMIOS
 
Realizarase un SORTEO, ao rematar a campaña, de 600 € EN PREMIOS entre os tickets rexistrados do 5 ao 25 de setembro (Ollo! Os premios non corresponderán ao importe do ticket como na campaña anterior)
 
Os clientes deberán gardar os tickets rexistrados, xa que no caso de resultar gañador, serán solicitados por parte da Federación para proceder á súa validación. 
 
OS GAÑADORES RECIBIRÁN O SEU PREMIO EN TARXETAS REGALO DO COMERCIO DO MORRAZO que volverán a ser gastadas en calquera dos establecementos asociados.
 
Por outra banda, os consumidores que rexistren UN TICKET POR VALOR MAIOR DE 20€ terán a posibilidade de solicitar UNHA ENTRADA para asistir a un dos MICROESPECTÁCULOS DE MAXIA que terán lugar na comarca. 
 
Para realizar dita solicitude deberán enviar o ticket de compra, tralo seu rexistro na web, ao correo electrónico comunicacion@fecimo.es, ou ao whatsapp 986305000, solicitando dita entrada. Esta entrada dará dereito á asistencia dun neno/a acompañado dun adulto. Entregaranse entradas ata completar o aforo de cada un dos eventos.

Histórico