• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

05

Dec

2023

PARTICIPA NO SORTEO DE CARTAS “SINTE A MAXIA DO NADAL NO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Tralo éxito acadado na edición anterior, realizarase unha vez máis a promoción “SINTE A MAXIA DO NADAL NO COMERCIO LOCAL”, na que se volverán a incluír SORTEOS entre as cartas dirixidas a PAPÁ NOEL e as dirixidas aos REIS MAGOS, que os máis pequenos do fogar terán que depositar cubertas nun dos buzóns habilitados nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña. Deste xeito darase a posibilidade de conseguir premios para facer realidade algún dos seus anhelos navideños.

Os buzóns de Nadal estarán colocados en:

  • BUEU: Amando Fotógrafos (Pazos Fontenla 19), Librería Miranda (Pazos Fontenla 35), Nene´s Moda (Xoan Carballeira 16) e Pepeluchos (Eduardo Vincenti 17)
  • CANGAS: Foto Marcial (Méndez Núñez 2), Son da Terra (Pablo Iglesias 8),Tecnosat (Montero Ríos 17) e Xoaniña (Avda. Marín 6)
  • MOAÑA: Droguería Chévere (Barxas 5), Ferretería O Muelle (Concepción Arenal 270), Librería Alborada(Concepción Arenal 112) e Merca Precio (Concepción Arenal 70)

As empresas participantes na campaña terán dispoñibles para os seus clientes CARTAS DE DESEXOS para que os nen@s da comarca podan recoller e participar nos sorteos.

 

900€ EN PREMIOS

Os premios a sortear nestes sorteo de cartas serán os seguintes:
_ 3 premios de 50€* por localidade entre as cartas dirixidas a Papá Noel.
_ 3 premios de 50€* por localidade entre as cartas dirixidas aos Reis Magos.

*Estes premios entregaranse en TARXETAS REGALO para gastar nos establecementos participantes na campaña.

En canto ás datas dos sorteos, terán lugar os días venres 22 de decembro de 2023 e venres 5 de xaneiro  de 2024.

A entrega dos premios será realizada nos establecementos onde adquiriran a cartas inicialmente.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e o Centro Comercial Local Estrela de Marín.  Iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e colaboran Abanca e Deputación de Pontevedra.

Histórico