• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Nov

2022

VOLVE A XINCANA INFANTIL DE NADAL DO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Volve a XINCANA DO NADAL no comercio local! A xincana comercial é unha actividade cunha gran repercusión que move a nen@s e a familias polo tecido comercial da comarca axudando a familiarizar as familias do Morrazo co tecido comercial da súa contorna.

Ademais das probas durante os días que dura a actividade, organízanse sorteos e actividades de animación nunha festa final de xincana que teñen un grande éxito entre @s máis pequen@s do fogar.

Esta edición 2022 será moi especial para o comercio local xa que será a primeira a celebrar dende a pandemia do 2020, e a maiores daremos a benvida á mascota do comercio local. Como a mascota será nova no Morrazo e como @s nen@s son grandes coñecedores da contorna, poremos a proba os seus coñecementos sobre a súa vila, preguntando sobre as súas praias, edificios, monumentos…etc.

OBXECTIVOS da XINCANA:

– Dar visibilidade aos establecementos asociados.
– Favorecer que as familias interactúen co noso tecido empresarial.
– Facilitar que coñezan a oferta de produtos que poden atopar na súa vila.
– Aportar alternativas de ocio aos nen@s nas vacacións de nadal enviando a mensaxe de que o comercio local é máis que un simple establecemento.

FUNCIONAMENTO

A Gymkhana desenvolverase do 19 ao 31 de decembro de 2022.

Serán repartidos MAPAS de cada localidade sinalizando a ubicación das empresas que participan. (Para maior repercusión, os mapas serán entregados aos rapaces e rapazas nos centros de ensino da comarca)
Os establecementos terán no seu interior ou escaparate (a elección da tenda participante) dúas probas a realizar polos nen@s, unha para os máis cativos, de idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos, e outra para os de 9 a 14 anos. As probas serán facilitadas dende FECIMO ás empresas participantes, visitando de forma individual a cada establecemento para darlles explicacións sobre as mesmas.
Os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos, deberán resolver un número determinado de probas (segundo as empresas que se inscriban), e ir conseguindo pegatinas (con numeración distinta por empresa) no seu mapa.

> Conseguido o número de pegatinas indicado, cubrirán o mapa cos seus datos persoais e o depositarán en calquera empresa participante. Tamén poden entregalo o mesmo día e lugar do sorteo da súa localidade.
Pasaremos a recoller os mapas cubertos entregados nos establecementos a partir do luns 2 de xaneiro de 2023.
> Deste xeito, entran no sorteo dos PREMIOS DA XINCANA. A selección dos gañadores/as terá lugar mediante un sorteo único para cada vila, no marco dunha GRAN FESTA CON ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN.

 

SORTEOS FINAIS E PREMIOS

Realizarase un sorteo por localidade no marco dunha FESTA para todos os cativos que asistan con ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN, MÚSICA e BAILE. Estes sorteos terán lugar os seguintes días:

>Luns, 2 de xaneiro ás 17:00 h. na contorna do Palco da Música en MOAÑA.
>Martes, 3 de xaneiro ás 17:00 h. na Alameda Vella de CANGAS.
>Mércores, 4 de xaneiro ás 17:00 h.  na Praza do Concello de BUEU.

Entre os mapas recollidos, sortearanse os seguintes PREMIOS nas tres localidades:

1º Premio: unha TABLET.

2º Premio: unha GRAN CESTA DE NADAL INFANTIL.

E MOITAS SORPRESAS MÁIS!!!

CAMPAÑA GRATUÍTA PARA EMPRESAS ASOCIADAS

Nesta actividade poden participar todas as empresas de bens e servizos asociadas a FECIMO que dirixan a súa actividade cara ao público (imprescindible ter establecemento comercial a pé de rúa).

Se estás interesado pincha no BOTÓN para realizar a túa INSCRICIÓN.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN O DOMINGO 4 DE DECEMBRO DE 2022.

Histórico