10
Mar
2025
FECIMO ASINA UN CONVENIO CON CONVERSIA
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

- A presidenta de FECIMO, Carmen Pereiro, e José Antonio Moncanut, Director da Delegación de Galicia de Conversia, asinaron un convenio no mes de marzo, polo cal a Consultora ofrecerá unha auditoría normativa gratuíta personalizada ás empresas asociadas, así como un desconto do 10% nos resto dos seus servizos.
Conversia, entidade que, entre outras actividades, presta servizos de formación en diversas áreas, e a consultoría e autitoría para o cumprimento e adaptación de empresas a diferentes normativas de obrigado cumprimento, tales como a normativa en materia de protección de datos, Ley de servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico, a Ley de Prevención de Blanqueo de Capitales y de la Financiación del Terrorismo, asesoramento en relación coa Prevención de Riscos Penais, asesoramento en relación coa implantación dun Plan de Igualdade e asesoramento en relación coa adaptación legal de Aplicacións Móviles, entre outras.
A través deste convenio, Conversia pon a disposición das empresas asociadas de forma gratuíta o asesoramento dun técnico especializado, que realizará auditorías personalizadas, que proximamente contactará coas empresas co fin de concertar unha reunión na que proporcionará información adaptada a cada tipo de negocio, acerca do grado de cumprimento normativo que ten cada empresa.