15
Abr
2019
Xornada Formativa “Fotografía de produto para e-commerce”
Por, Fecimo Cursos e Formación, Actividades Formativas 2019 Comments: no comments
O próximo mércores 21 de abril de 21:00 a 22:30 horas, na sede de FECIMO, celebrarase unha xornada de formación sobre “FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA E-COMMERCE.
Nesta xornada, veremos como sacar o máximo partido ás nosas fotografías de produto orientadas a e-commerce.
Faremos revisión técnica para un manexo básico das nosas cámaras réflex (dslr), compactas ou móbil. O uso da luz natural ou artificial da que poidamos dispor nas nosas casas ou establecementos, revisando composición e tipos de planos para que o produto teña o protagonismo adecuado.
CONTIDOS:
– Introducción e revisión de referencias (composición, exposición)
– Equipo de captura básica (cámara, iluminación, set, cor,…)
– Probas de bodegón en directo
– Edición básica para uso online
PONENTES:
JACOBO GAYO, Maestro fotógrafo, videógrafo distinguido e xuiz especialista en moda e publicidade pola FEPFI. Está especializado en fotografía de moda e publicidade, e, en dirección de fotografía en cine publicitario.
CLAUDIO GARCÍA, Fotógrafo distinguido pola FEPFI, director de arte e fotografía en produción publicitaria, e, especialista en retoque avanzado en moda e publicidade.
DESCARGAR INFORMACIÓN DESTA XORNADA EN PDF
A xornada é gratuíta para as empresas asociadas, e poden inscribirse facendo click aquí
QUERO INSCRIBIRME