• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

02

Mar

2020

Xornada “Intelixencia Emocional para o teu negocio”

Por, Fecimo Cursos e Formación Comments: no comments

FECIMO continua incluindo no plan formativo do 2020 este curso de éxito avalado polas cifras de asistencia das xornadas anteriores.

Nestas xornadas terás a oportunidade de reunirte con outros comerciantes con inquietudes similares para compartir vivencias e atopar solucións aprendendo as pautas e estratexias para xestionar de forma eficiente as inseguridades, a desmotivación, as criticas o estres e outros obstáculos que aparecen no teu camiño profesional.

Calquera proxecto profesional é ilusiónante e xenera ao mesmo tempo dúbidas, temores e inseguridades. Estar a fronte dun negocio pode facer que as veces te sintas so ou soa, pero non é así, os teus sentimentos son comúns e compartidos por moit@s que como ti teñen os mesmos tipos de clientes e sofren o mesmo estres.

Esta xornada terá lugar o próximo mércores 4 de febreiro ás 21:00 horas na sede de FECIMO. A mesma é gratuíta para as empresas asociadas.

Pononte: Andrea Pazos, é Psicóloga Sanitaria habilitada e Licenciada en Psicoloxía coa especialidade de Clínica e Saúde pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Intelixencia Emocional pola Universidade de Valencia.

INSCRIBIRME NA XORNADA

 

 

 

Histórico