• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

23

Nov

2018

Xornadas Formativas_Seo “Posicionamento do teu negocio on-line”

Por, Fecimo Cursos e Formación Comments: no comments

O próximo mércores 28 e xoves 29 de novembro, ás 21:00 horas, na sede de FECIMO, celebrarase unha xornada formativa sobre o “Seo”_Posicionamento do teu negocio on-line. 

Obxetivos:

  • Dar as claves para comprender correctamente e traballar no posicionamiento web en buscadores.
  • Aprender a analizar unha web e deseñar unha estratexia de posicionamiento.
  • Dar a coñecer os medios e ferramentas diponibles para facer SEO.

Formato do curso

  • Duración: 4:00 horas (dúas xornadas de 2h)
  • Asistencia: presencial no salón de actos de Fecimo, Avda de Vigo 91, Cangas
  • Material: Repartirase entre os asistentes unha folla orientativa que conteña un resumo do explicado na charla.
  • Práctica: Tanto durante a charla como ao remate, proporanse diversas cuestións aos asistentes para fomentar a participación.

TEMARIO:

1.Introducción o posicionamiento web

Para comezar faremos un repaso polos principais motivos polos que convén facer posicionamiento web así como as vantaxes de traballar nel. Falaremos sobre os principais conceptos a ter en conta e que se deben coñecer para facer optimización en buscadores. Explicaranse tamén os puntos a ter en conta a hora de plantear unha estratexia de posicionamiento.

2.Optimización “On-page”

Comenzaremos a tratar a optimización dende o interior da propia páxina web. Neste bloque daranse as claves necesarias para distinguir os elementos da páxina web sobre os que traballar para optimiza-la a nivel interno e que ésta sexa mellor valorada por Google.
Comprenderá dende a redacción de textos e palabras clave, como as etiquetas “meta” do código da web, así como a estructura interna e usabilidade web. Mencionaranse tamén as principais ferramentas de pago e gratuitas que están disponibles para levar a cabo estas tareas.

3.Optimización “Off-page”

No terceiro bloque daremos as indicación para aprender a traballar o posicionamiento “off-page” e a construcción de enlaces. Unha vez máis, daranse as pautas necesarias para facer unha correcta optimización “off-page” así como as ferramentas que se poden utilizar para esta tarea.

 

XORNADA GRATUÍTA PARA EMPRESAS ASOCIADAS!

 INSCRIBIRSE 

 

 

Histórico
ARTIGOS RECENTES