• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

03

Abr

2018

INSCRICIÓN AO CASTING INFANTIL AMODIÑA SÉTIMA EDICIÓN

Por, Fecimo Sen categorizar, Últimas Noticias Comments: no comments

Hoxe día 3 de Abril ábrese a inscrición ao CASTING INFANTIL da Sétima edición de Amodiña.

Un ano máis os nenos teñen o seu protagonismo na Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo AMODIÑA. O prazo para as inscricións para todos aqueles que desexen participar estará aberto dende o día 3 de ABRIL ata o 9 DE ABRIL ou ata que se cubran 130 inscricións.

Este ano a organización precisa da colaboración de 32 nenos (aproximadamente) que serán seleccionados no Casting e que desfilarán na pasarela que terá lugar o día 21 de Abril as 21:00 horas no contorno palco da música de Moaña.

Lembramos aos pais que a selección de nen@s para o casting terá lugar trala súa participación diante dun xurado profesional o día 10 de Abril no primeiro andar da praza de abastos de Moaña e que posteriormente será publicada na nosa web e nas nosas redes sociais.

Para poder inscribirse ao Casting Infantil deberán cubrir todos os datos solicitados no seguinte formulario:

https://goo.gl/forms/e2x1qo50kVhquKYD2

Histórico
¿Qué son as Cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo, xestionar o acceso de usuarios a zonas restrinxidas da web, etc.