11
Out
2022
PROGRAMA “BONOS ACTIVA COMERCIO”
Dende FECIMO, queremos informarvos da publicación no DOG de hoxe da ORDE pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos BONOS ACTIVA COMERCIO, e se abre o prazo para a adhesión dos comercios a dito programa. (código de procedemento CO301B).
O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS ÁBRESE o vindeiro XOVES 13 DE OUTUBRO. Deberedes rexistrarvos a través da web www.bonosactivacomercio.gal e teredes de prazo ata o 30 de novembro para facelo.
Este tipo de axudas económicas (consideradas como subvencións a fondo perdido non reintegrables) van dirixidas a propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista da Comunidade Autónoma de Galicia, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios, mellorar o fondo de maniobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionaria.
ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE
Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
As vendas subvencionadas serán as que se realicen dende o 24 de outubro, data de lanzamento dos bonos aos consumidores ata o 31 de decembro de 2022 data de fin da campaña.
O bono descargado pola persoa consumidora terá a consideración de bono desconto por un valor de 30€ para as compras realizadas nos comercios adheridos á campaña.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes tramos:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
IMPORTANTE: No tiquet de compra teredes que indicar este bono (5€, 10€ ou 15€ no desglose dos medios de pagamento, nunca como desconto do total do prezo do artigo.
Por exemplo: Compra por valor de 45€ -> no ticket aparecerá unha venta por 45€ e no medio de pagamento aparecerá -> Bono Activa Comercio 10€ e debaixo o método escollido polo cliente para o pagamento (efectivo ou tarxeta) polo importe restante, neste caso 35€.
ALTA DOS COMERCIANTES PARA A ADHESIÓN AO PROGRAMA
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao PROGRAMA deberán rexistrarse a través da web www.bonosactivacomercio.gal, do 13 de outubro ata o 30 de novembro de 2022, indicando a seguinte información:
– Nome e apelidos ou razón social.
– Establecemento comercial en Galicia.
– NIF
– Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
– Nome comercial.
– Enderezo do establecemento comercial.
– Número de teléfono móbil.
– Correo electrónico.
– IAE (ten que ser un dos incluídos no anexo I. En caso de dúbida consultar coa vosa asesoría).
– IBAN da conta bancaria (para o pagamento dos bonos descargados no establecemento).
– Páxina web do establecemento comercial.
O NOME COMERCIAL e UBICACIÓN dos establecementos retallistas adheridos ao Programa farase pública na web www.bonosactivacomercio.gal.
Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada a tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos canxeados no seu establecemento. Agás no caso de atopar algún incumplimento por parte dos establecementos adheridos, localizado nas comprobacións e inspeccións e demais medidas de control que a Dirección Xeral de Comercio e Consumo porá en marcha para asegurar a correcta aplicación dos recursos públicos e para verificar o axeitado desenvolvemento e execución do programa. Neste caso comunicaralle dita circunstancia á entidade colaboradora co fin de impedir o canxe e paralizar o proceso de pagamento dos bonos, ou solicitará, se é o caso, o reintegro dos fondos percibidos.
REQUISITOS DOS COMERCIANTES PARA A ADHESIÓN AO PROGRAMA
a. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
b. Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de
2014.
c. Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE (ver o Anexo I da Orde):
651.1 – 651.2 – 651.3 – 651.4 – 651.5 – 651.6 – 651.7 – 652.2 – 652.3 – 652.4 – 653.1 – 653.2 – 653.3 – 653.6 – 653.9 – 656 – 657 – 659.1 – 659.2 – 659.3 – 659.4 – 659.5 – 659.6 – 659.7 – 659.8 – 659.9 – 972.1 – 972.2.
SISTEMA DE FUNCIONAMENTO DOS BONOS
OBRIGAS DOS COMERCIANTES ADHERIDOS